Diferenzas entre revisións de «Motín de Aranjuez»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
As causas deste levantamento foron varias, entre elas as consecuencias da derrota de [[batalla de Trafalgar|Trafalgar]], que recaeu fundamentalmente nas clases baixas. Pero a iso hai que sumar o descontento da [[nobreza]] co goberno de Manuel Godoy, a impaciencia do príncipe de Asturias (o futuro Fernando VII) por reinar, a acción dos axentes de [[Napoleón]], as intrigas da [[Palacio|Corte]] —onde se creara un núcleo opositor en torno ao príncipe de Asturias, formado por [[aristocracia|aristócratas]] receosos do poder de Godoy, e escandalizados polas supostas relacións deste coa raíña [[María Luísa de Parma]]—, así como o temor do [[clero]] ás medidas [[Desamortización de Godoy|desamortizadoras]] de Godoy.
 
A presenza de tropas francesas en España, en virtude do [[Tratado de Fontainebleau]], íase facendo cada día máis ameazante a medida que ían ocupando (sen ningún respaldoapoio do tratado) diversas localidades españolas ([[Burgos]], [[Salamanca]], [[Pamplona]], [[Donostia|San Sebastián]], [[Barcelona]] ou [[Figueres]]). O total de soldados franceses acantoados en España ascendía a uns 65.000, que controlaban no só as comunicacións con [[Portugal]] (o que si estaba estipulado no tratado), senón tamén con [[Madrid]], así como coa fronteira francesa.
 
Esta situación terminou por alarmar tamén a Godoy. En marzo de [[1808]], temendo o peor, a familia real retirouse a Aranjuez para, en caso de necesidade, seguir camiño cara o sur, cara a [[Sevilla]], e embarcar alí para [[América]], como xa fixera a familia real portuguesa (incluíndo o príncipe [[Xoán VI de Portugal|Xoán María]], futuro rei [[Xoán VI de Portugal|Xoán IV]], e a súa esposa a [[infante de España|infanta]] [[Xosefina Carlota de Borbón|Xosefina Carlota]], irmá maior do rei Carlos IV de España).
358.872

edicións