Mundial de Fútbol de 2010: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (151)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 35:
Dende os [[1980|anos 1980]] comezou a medrar a idea da realización dun torneo en [[África]] en resposta ao crecemento e desenvolvemento do [[fútbol]] no devandito continente e que se reflectía no progreso das seleccións do mesmo en diversos torneos internacionais. Até a edición de [[2002]], disputada en [[Asia]], [[Europa]] e [[América]] organizaran exclusivamente o torneo desde a súa creación en [[Mundial de Fútbol Uruguai 1930|1930]].
 
Para a elección da sede da [[Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994|Copa Mundial de Fútbol de 1994]], [[Marrocos]] estivo a tres votos de derrotar aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], e posteriormente volveu presentar candidaturas para as Copas de [[1998]] e [[Mundial de Fútbol Alemaña 2006|2006]], sen lograr resultados exitosos. Nesta última elección, Suráfrica presentou a súa candidatura co respaldoapoio do presidente da [[FIFA]], [[Joseph Blatter]], pero os esforzos foron en balde: [[Alemaña]] adxudicouse o evento nunha rifada e polémica votación por un voto de diferenza. Trala derrota surafricana, os dirixentes da [[FIFA]] decidiron establecer un criterio de "rotación continental" que permitise asegurar que o certame seguinte sería xogado en África, un dos grandes continentes que non albergara o evento. A FIFA permitiu soamente candidaturas africanas e seis países manifestaron as súas intencións.
[[Ficheiro:2010_FIFA_World_Cup_Fans.jpg|miniatura|Fans festexando a elección de Suráfrica.]]
Xunto a Suráfrica e Marrocos, candidatas en eleccións anteriores, presentáronse [[Exipto]], [[Libia]], [[Nixeria]] e [[Tunisia]]. Nixeria abandonou a carreira nun comezo sen presentar a súa candidatura oficialmente ante a [[FIFA]]. Libia, doutra banda, anunciou que en caso de ser elixida non permitiría que [[Israel]] puidese participar no torneo, quedando descualificada;<ref>{{Cita web |url=http://www.news24.com/News24/Sport/SA_2010_bid/0,,2-9-1606_1527597,00.html |título=Libya: Israel not welcome |data-acceso=09-06-2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071013212508/http://www.news24.com/News24/Sport/SA_2010_bid/0,,2-9-1606_1527597,00.html |dataarquivo=13-10-2007 |urlmorta=si }}</ref> a pesar diso, persistiu coa súa candidatura até a presentación final. A FIFA desestimou a posibilidade de realizar un mundial en conxunto entre dúas nacións, polo que Tunisia, que pensaba nunha asociación cos libios, retirouse días antes da votación.<ref>{{Cita web |url=http://www.sv.terra.com/mundial2006/noticia/0,,OI308512-EI1786,00.html |título=Suráfrica e Marrocos disputan sede mundial 2010 |data-acceso=09 de xuño de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120113061928/http://www.sv.terra.com/mundial2006/noticia/0,,OI308512-EI1786,00.html |dataarquivo=13 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>