Joaquín Maurín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado a categoría "Deputados nas Cortes da II República"
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
'''Joaquín Maurín Juliá''' involucrouse desde novo en actividades políticas, sendo por iso procesado en varias ocasións. Estudou maxisterio, exercendo como mestre en [[Lleida]] a partir de [[1914]], afiliándose á [[Confederación Nacional do Traballo]] (CNT), sindicato anarquista creado en [[1911]]. En [[1920]] foi elixido secretario xeral da CNT de Lleida e director do seu semanario ''Lucha Social''. En [[1921]] foi enviado coa delegación da CNT ao congreso fundacional da [[Internacional Sindical Vermella]] ou [[III Internacional]] en [[Moscova]]. Tras regresar da [[Rusia]] Soviética en outubro de 1921, será elixido [[Secretario xeral da CNT]], cargo que ocupa ata a súa detención en febreiro de [[1922]]. A partir de esedese ano foi un dos organizadores dos ''Comités Sindicalistas Revolucionarios'' (CSR), corrente pro-[[bolxevique]] dentro da CNT. Como parte da mesma, fundou o semanario ''La Batalla'', en decembro de 1922.
 
No comezo de [[1924]] ingresou, xunto o grupo de ''La Batalla'' no [[Partido Comunista de España]] (PCE), encargándose da organización da Federación Comunista Catalano-Balear (FCCB). A ditadura do xeneral [[Miguel Primo de Rivera]] encarcerouno en xaneiro de [[1925]], permanecendo na cadea ata outubro de [[1927]]. Xa libre, exíliase en [[París]] como outros dirixentes do PCE, regresando a Barcelona en [[1930]]. Nos meses anteriores á instauración da [[Segunda República Española|II República]] Maurín volve a editar ''La Batalla'' e, oposto á política [[stalinismo|estalinista]] do PCE, a [[Federació Comunista Catalano-Balear]] que dirixe escíndese do Partido.