Ciaxares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
amaño ligazón
Etiqueta: edición de código 2017
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 11:
Rexeitou as invasións [[escitas]], en alianza co novo monarca de [[Babilonia]], [[Nabopolasar]], e ambos emprenderon unha dura campaña contra o [[Asiria|Imperio Asirio]], que foi destruído rapidamente trala conquista da súa capital, [[Nínive]] no [[-612]].
 
A partir de esedese momento, Ciaxares consolidou o [[Imperio Medo]] como a nova potencia emerxente do [[Oriente Próximo]], reformando o exército medo segundo o modelo asirio e babilónico, e reforzando a administración e o protocolo da corte de [[Ecbatana]], a capital do reino medo. Casou á súa filla con [[Nabucodonosor II]], para quen este último construíu os famosos [[Xardíns colgantes de Babilonia|Xardíns Colgantes]], e emprendeu unha actividade expansiva cara [[Anatolia]], chocando co [[reino de Lidia]], co que mantivo unha guerra con moitas alternativas e que finalizou nunha paz trala batalla do [[eclipse]] de [[-585]].
 
Pouco despois morreu, deixando un reino solidamente estruturado ao seu fillo [[Astiaxes]], quen foi o último rei da súa estirpe por liña directa paterna. Un neto de Astiaxes, [[Ciro II o Grande]], revolucionou o mundo político de Oriente Medio e Próximo, ao se sublevar contra o seu avó e fundar o [[Imperio Persa]] [[aqueménida]].