Emilio Herrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 12:
 
=== Carreira militar ===
Finalizou a academia e graduouse como [[tenente]] en 1903, solicitando o seu traslado á [[Escola Práctica de Aerostación]] para aprender o manexo dos [[Aeróstato|aeróstatos]]. Participa en ascensións científicas (como a observación desde un aeróstato dunha [[eclipse solar]] en [[Burgos]], en 1905) e deportivas (a competición ''Gordon Bennet'', en 1906 ou o ''Gran Prix'' de [[París]], no que quedou en segunda posición). En 1909, pouco despois de contraer matrimonio con Irene Aguilera Cappa, integra unha expedición militar aerostática como apoio ás tropas na tráxica guerra de Melilla. Ese ano nace o seu fillo, que será un coñecido poeta e novelista [[Comunismo|comunista]], [[José Herrera Petere]], amigo e compañeiro literario de [[Miguel Hernández]].
 
Despois da participación dos aeróstatos militares nas campañas militares en África, limitados a estar ancorados en terra, o exército solicita os primeiros [[Dirixible|dirixibles]]. Herrera, que dirixiu a Sección de Globos Aerostáticos en Melilla e anos despois prepararía un plano territorial a base de fotografías aéreas, xa tiña os títulos de piloto de avión e de dirixibles. Estaba moi interesado nos primeiros avións despois de observar xunto ao seu amigo [[Alfredo Kindelán]] unha exhibición dos [[irmáns Wright]] en [[Augsburgo]].
 
En 1914 é portada dos xornais co tamén militar [[José Ortiz Echagüe]]. Xuntos atravesaron o [[estreito de Xibraltar]]. Este voo, entre de [[Tetuán]] e [[Sevilla]], era o primeiro voo realizado entre Europa e África.<ref name="documental">{{Cita web|título=Imprescindibles. Emilio Herrera|url=https://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-emilio-herrera/5573176/|editorial=RTVE|data-acceso=19 de mayo de 2020}}</ref> Aterraron en Tablada, en presenza do rei [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], que lle nomeou xentilhome de cámara con exercicio despois do voo. Ademais participa coa aviación nunha nova campaña militar na [[Guerra do Rif]]. É a partir destes anos cando se centra nos seus estudos en temas [[Aeronáutica|aeronáuticos]] e os seus principios científicos, técnicos, comerciais ou legais. En 1915 é enviado a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] para comprar aparellos Curtiss JN-4 Jenny e montar no país a primeira escola de pilotos de [[Hidroavión|hidroavións]]. Durante a na [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra Mundial]], onde España mantense neutral, participa como observador aéreo en distintas frontes.
[[Ficheiro:Herreraspacesuit.jpg|esquerda|miniatura|Prototipo do traxe espacial deseñado por Emilio Herrera Linares para voos estratosfericos.]]
Desde 1918 tenta crear unha [[Aeroliña|aerolínea]] transoceánica para o transporte de pasaxeiros, a ''Transaéra Colón'', para unir [[Europa]] e [[América]]. Equipada con dirixibles do enxeñeiro e inventor [[Leonardo Torres Quevedo]], a idea termina realizándose por unha empresa de [[Alemaña]]. Herrera é convidado o rango de segundo comandante xunto co militar [[José Ortiz Echagüe|José Ortiz de Echagüe]], na entón maior aeronave do seu tempo o dirixible Graf Zeppelin LZ 127. Realizan unha travesía para cruzar o [[océano Atlántico]] voando máis de dous millóns de quilómetros e realizando a circunnavegación do planeta.