Historia de Míchigan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 35:
A entrada dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] na [[segunda guerra mundial]], en [[1941]], acabou coa recesión económica de Michigan. O Estado foi ao longo da guerra un dos maiores produtores de armas e vehículos militares dos Estados Unidos. Co fin da guerra, a industria automobilística e da minería de cobre recuperáronse.
 
Despois do fínfin da guerra e ata a década de [[1980]], grandes cantidades de [[afroamericano]]s instaláronse en Michigan, especialmente en Detroit. Conflitos de cuño raciais desenvolvéronse durante este período, culminando nun gran motín popular en Detroit, en [[1967]], que durou 8 días e causou 43 mortes e danos por valor de preto de 25 millóns de dólares.
 
A [[Crise do Petróleo de 1973]] causou recesión económica nos Estados Unidos, afectando severamente á economía de Michigan. Alén diso, as compañías automobilísticas dos Estados Unidos pasaron a soportar a concorrencia doutras compañías multinacionais, notabelmente compañías automobilísticas do [[Xapón]]. Como consecuencia, as compañías automobilísticas dos Estados Unidos tiveron que recortar custos para continuar sendo competitivas no mercado nacional. As taxas de [[desemprego]] creceron drasticamente no Estado.