Diferenzas entre revisións de «Google»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Arranxos varios, replaced: {{Cite journal → {{Cita publicación periódica (2), <br /> → <br/> (14))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Non obstante, a clave do traballo de Google está no xeito de ordenar as páxinas á hora de mostralas ó usuario. En moitos buscadores esta ordenación depende do criterios dos administradores das bases de datos (ou, lamentablemente, de quen paga máis para estar nos primeiros lugares). A ordenación é moi importante posto que a maioría dos usuarios apenas utilizan as 10 primeiras ligazóns.
 
En Google este complexo problema soluciónase co algoritmo ''PageRank'' deseñado por Brin e Page, os fundadores da empresa. Este algoritmo asigna a cada páxina un valor matemático en función da súa importancia na rede, a maior importancia máis preto estará este valor do 1. ¿CómoComo se determina a importancia relativa de cada páxina na rede? Google asume que esta importancia a deciden os navegantes: cada ligazón cara a unha páxina é considerada un voto a prol dunha páxina, de modo que as páxinas ligadas a través de máis ligazóns terán máis importancia relativa. A complexidade radica no cálculo para determinar esta importancia e isto o que se pode aproximar mediante o ''PageRank'' de Brin e Page.{{Cómpre referencia}}
 
Cando un usuario realiza unha consulta, esta é recibida por un dos 1.000 servidores que traballan para Google. Este servidor encarga a un dos millares de ordenadores de Google buscar nas bases de datos. Unha vez obtida a resposta destes ordenadores, o resultado remítese a unha computadora que se encarga de ordenar o resultado en función do ranking asignado a cada páxina. A través dos servidores envíase este resultado ordenado ó usuario que fixo a consulta.