Ximnospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 6:
Son plantas leñosas, case sempre [[árbore|arbóreas]], ás veces arbustivas ou de biotipo palmeroide. As súas flores son sinxelas, pouco chamativas, de polinización case sempre [[Anemofilia|anemófila]], coas flores dispostas case sempre en estróbilos.
 
A produción de sementes distingue ás ximnospermas (xunto coas [[anxiospermas]]) do resto das plantas vasculares. As ximnospermas son '''[[heterospóreas]]''', producindo [[micróspora]]s que se presentan como grans de [[pole]] e [[macróspora]]s que conteñen unha oosfera ou gameto feminino (nun [[gametófito]] femeninofeminino, ou óvulo). Como resultado da [[fecundación]] (ó unírense os gametos masculino e feminino derivados das esporas), fórmase o embrión. Este, acompañado polas envoltas e outros tecidos do óvulo, remata por formar a semente, que é unha fase esporofítica con repouso (diapausa).
 
A diferenza das anxiospermas, non teñen a semente totalmente cuberta pola folla fértil ou carpelo, polo que tamén é chamada semente espida.