Reme de Arriba, Covelas, Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Parroquias de Ribadeo: +control autoridades using AWB
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 20:
== Historia ==
Reme de Arriba era propiedade dun único dono que vendeu aos actuais veciños. No río Grande, no lugar coñecido como A Veneira cargábase madeira traída dos montes próximos, en barcas aproveitando a baixamar. Logo, unha vez que subía a marea, estas barcas saían con diferentes destinos. Tamén se cargaba mineral de ferro traído das minas de Vilela, todo isto era transportado en carros tirados de bois ou vacas. Este transporte deixou de facerse debido a construción da ponte de FEVE de Reme de Abaixo que, ao ser moi baixa, non deixa paso as embarcacións.
Nos anos 60 do século XX, construíuse nas inmediación unha pranta de procesado de leite, que chegou a empregar unhas cincuenta persoas. Logo de sucesivas compras e ventasvendas, acabou sendo pechada por Renny-Picot na década dos 90 .
Desde mediados dos setenta, as catro explotacións agrarias especializáronse en vacún de leite, chegando a sumar arredor de 60 cabezas. Dende principios do século XXI xa non queda ningunha explotación profesional, sendo case toda a produción, tanto de gando como de horta, para autoconsumo.