Katy Perry: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos varios, replaced: [[File: → [[Ficheiro:
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
Perry alcanzou a fama en 2008 co seu segundo álbum musical, ''One of the Boys'' (Un dos rapaces), un disco [[pop rock]] que contiña os singles "I Kissed a Girl" (Biquei unha rapaza) e "Hot n Cold" (Quente e frío). O seu terceiro álbum, ''Teenage Dream'' (Soño adolescente) lanzado no ano 2010, atreveuse cun estilo [[Música disco|disco]], e foi o seu primeiro álbum en chegar ao número un na listaxe estadounidense dos [[Billboard Hot 100]] grazas aos singles "California Gurls" (Chicas californianas), "Teenage Dream" (Soño adolescente), "Firework" (Fogo artificial), e "Last Friday Night (T.G.I.F)" (A noite do venres pasado) mentres "The One That Got Away" (O que se escapou) alcanzou o posto número tres. Este álbum converteuse no primeiro álbum dunha artista feminina en conseguir cinco números un nos Estados Unidos, e o segundo álbum en xeral en obter este recoñecemento logo do álbum ''[[Bad (álbum)|Bad]]'' de [[Michael Jackson]]. No ano 2012, Perry reeditou o álbum co nome de ''Teenage Dream: The Complete Confection'', contendo as cancións "Part of Me" (Parte de min) e "Wide Awake" (Completamente desperto). O seu seguinte ábum foi ''Prism'' (Prisma) publicado no ano 2013, o cal se converteu no seu segundo álbum en chegar á cima dos rankings estadounidenses. Contén influencias dos estilos [[Música pop|pop]] e dance, e con el Perry converteuse na primeira artista en obter un billón de visitas en múltiples vídeos no canal Vevo; ditos videos foron: "Roar" e "Dark Horse" (Cabalo Escuro). Continuou a súa produción musical no ano 2017 co álbum ''Witness'' (Testemuña), o cal indagou no estilo do electropop e se converteu no seu terceiro álbum en acadar o número un nos Estados Unidos. "Chained to the Rhythm" (Encadeado ao ritmo) foi o single máis exitoso do álbum, rompendo o record de [[Spotify]] do maior número de reproducións no primeiro día de emisión dunha canción dunha artista feminina.
 
Perry recibíu varios premios, incluíndo catro [[Libro Guinness dos Récords|Guiness World Records]], cinco [[American Music Awards]], un Brit Award, e un Juno Award. Foi incluída na listaxe anual de [[Forbes]] das mulleres máis ricas no mundo da música dende o ano 2011 ata o ano 2018. O seu patrimonio neto estimado é de $125 million no ano 2016. É unha das artistas musicais con maior número de ventasvendas en todos os tempos, vendendo máis de 18 millóns de copias de álbums e 125 millóns de singles mundialmente durante a súa carreira.
 
No referido á industria cinematográfica, lanzou un documental autobiográfico titulado ''Katy Perry: Part of Me'' (Katy Perry: unha parte de min) no ano 2012 e tamén participou como actriz de doblaxe de Pitufina no filme dos ''[[Os Pitufos|Pitufos]]'' do ano 2011 e na súa continuación no ano 2013.