Manuel Mariño Méndez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Dirixente agrario, creu en 1913 a Sociedade Agraria de Fiolledo, Oleiros e Salvaterra coa axuda dos emigrados enna Arxentina. Na [[ditadura de Primo de Rivera]] foi nomeado concelleiro de [[Salvaterra de Miño]] e elixido primeiro tenente de alcalde o 24 de marzo de [[1924]] na corporación que presidiu [[Francisco Piñeiro Groba]]. Foi delegado en Salvaterra da Unión Progresista de Salvaterra de Miño en Buenos Aires. Na [[Segunda República Española|Segunda República]] foi alcalde de Salvaterra de Miño entre 1931 e 1934. Foi o artífice do ingreso na [[UGT]] das sete sociedades agrarias que compuñan a Federación Municipal Agraria de Salvaterra en xaneiro de [[1933]]. Afiliouse a [[Izquierda Republicana]] e foi reposto como alcalde en febreiro de 1936.
 
Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] agochouse na parroquia de [[Leirado, Salvaterra de Miño|Leirado]] e despois fuxiu a [[Portugal]]. Estivo detido en [[Monção]] durante uns meses, e despois pasou a un penal en [[Lisboa]] do que conseguiu saír grazas á axuda do embaixador español. Pasou á zona leal e uniuse ao exército republicano. Recibiu axudas dende Buenos Aires. En 1939 estaba refuxiado en Francia e obtivo o permiso necesario para ingresar na [[Arxentina]], a onde chegou ese ano, grazas á intervención de [[Manuel Puente González]]. Nese mesmo ano recibiu unha homenaxe da Sociedad Unión Progresista del Distrito de Salvatiera. Retornou a Salvaterra en 1949. Viviu en [[Fiolledo, Salvaterra de Miño|Fiolledo]] ate o seu falecemento aos 85 anos de idade.