Juan Manuel Fangio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 67:
En {{f1|1956}} Fangio trasladouse a [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] para gañar o seu cuarto título. [[Enzo Ferrari]] e Fangio non tiveron unha relación moi cálida, malia o seu éxito compartido. Fangio fíxose cargo do coche do seu compañeiro de equipo despois de sufrir problemas mecánicos en tres carreiras, o [[Gran Premio da Arxentina de 1956]], o [[Gran Premio de Mónaco de 1956]] e o [[Gran Premio de Italia de 1956]]. En cada caso os puntos compartironos entre os dous pilotos. Na última carreira da tempada, o Gran Premio de Italia, o compañeiro en Ferrari de Fangio, [[Peter Collins]], que estaba en condicións de gañar o Campionato do Mundo con só 15 voltas, entregou o seu coche a Fangio. Compartiron os seis puntos gañados no segundo lugar, dando Fangio o título mundial.{{Cadro de citas|cita="Nunca antes na miña vida pilotei tan rápido e<br> non creo que algunha vez sexa capaz de facelo de novo." |fonte=—Fangio logo do [[Gran Premio de Alemaña de 1957]]<ref>{{Cita web |url=http://www.greatcarstv.com/history/maserati-and-fangio-f1-world-champions-in-1957.html |title=MASERATI AND FANGIO F1 WORLD CHAMPIONS IN 1957 |accessdate=23 de xaneiro de 2009 |publisher=www.greatcarstv.com |archiveurl=https://web.archive.org/web/20081204132153/http://www.greatcarstv.com/history/maserati-and-fangio-f1-world-champions-in-1957.html |archivedate=04 de decembro de 2008 |urlmorta=si }}</ref>| width=28%|align=left}}<ref name="grandprix.com"/>
 
Fangio volveu a Maserati en {{f1|1957}}, que aínda utilizaba o mesmo icónico Maserati [[Maserati 250F|250F]] que Fangio pilotara no principio de {{f|1954}}. Fangio comezou a tempada cun hat-trick de triunfos enna Arxentina, Mónaco e Francia, antes de retirarse con problemas de motor en Gran Bretaña. Na seguinte carreira, o [[Gran Premio de Alemaña de 1957]], no circuíto de [[Nürburgring]], Fangio necesitaba ampliar a súa vantaxe de seis puntos para reclamar o título a falta de dúas carreiras por disputar. Desde a [[pole position]] Fangio caeu á terceira posición detrás dos Ferrari de [[Mike Hawthorn]] e Collins, pero logrou superar ambos ao final da terceira volta. Fangio comezara cos tanques a medio encher xa que esperaba cambiar pneumáticos a metade de carreira. Fangio entrou en boxes na volta 13 cunha vantaxe de 30 segundos, pero unha parada desastrosa deixouno de novo no terceiro lugar e 50 segundos detrás de Collins e Hawthorn. Fangio atacou, marcando unha [[volta rápida]] tras outra, culminando nun tempo récord na volta 20, once segundos máis rápido que o mellor dos Ferrari. Na penúltima volta, Fangio conseguiu pasar de novo a Collins e Hawthorn, e mantívose para lograr a vitoria por apenas tres segundos. Con Musso acabando en cuarto lugar, Fangio adxudicouse o seu quinto título. Esta actuación é a miúdo considerada como o maior remontada na historia da Fórmula Un, e sería a última vitoria de Fangio.<ref name="en.espn.co.uk"/><ref name="grandprixhistory.org"/><ref name="grandprix.com"/>
 
Logo dunha serie de campionatos consecutivos retirouse da Fórmula Un en {{f1|1958}}, logo do [[Gran Premio de Francia de 1958|Grand Prix de l'ACF]]. Tal era o respecto a Fangio, que durante esa última carreira, o líder da carreira Hawthorn dobrara a Fangio e mentres Hawthorn estaba a piques de cruzar a liña, freou e permitiu pasar a Fangio para que puidese completar a distancia de 50 voltas na súa última carreira. Cruzaría a liña máis de dous minutos detrás de Hawthorn. Ao saír do Maserati logo da carreira, díxolle ao seu mecánico simplemente, "Se acabou." Gañou 24 Grandes Premios do Campionato Mundial de 52 entradas, unha porcentaxe gañadora do 46.15%, o mellor na historia do deporte ([[Alberto Ascari]], que está en segundo lugar, ten unha porcentaxe do 40.63%).<ref name="en.espn.co.uk"/><ref name="grandprixhistory.org"/>
Liña 79:
Ante a ausencia de Fangio, o francés [[Maurice Trintignant]] o substituíu na carreira. Con todo a competencia foi breve debido a un accidente na quinta volta que lle causou a morte a seis espectadores e xerou 40 feridos. Máis tarde, Fangio diría irónicamente que «eu podería estar nese choque, así que os meus secuestradores salváronme a vida». Logo da súa liberación tras 26 horas de secuestro, o automobilista declarou á prensa pública que me trataron dun modo excelente... En verdade, tiven as mesmas comodidades que si estivese entre amigos... Si o feito polos rebeldes foi por unha boa causa, entón, como arxentino, eu acéptoo como tal». Malia iso, disputou a Copa Dos Mundos en Monza cun vehículo Dean Van Lines.
 
Un ano e medio despois, logo da asunción de Fidel Castro, foi designado «Invitado de honor» de Cuba. En 1981, cando regresou á Habana en calidade de presidente honorario de Mercedes-Benz enna Arxentina, foi recibido no aeroporto polo [[Ministro de Relacións Exteriores de Cuba|ministro de Relacións Exteriores]], Arnol Rodríguez, e foi invitado a unha reunión con Fidel Castro.<ref name="adios"/> Fangio nunca demostrou ter un mal recordo da súa experiencia en 1958: «Non falamos case nada do secuestro. Eu creo que foi algo especial, feito por xente que tiña os seus ideais e quería dalos a coñecer de calquera xeito».<ref name="adios"/> O director [[Alberto Lecchi]] tratou o secuestro na súa película ''[[Operación Fangio]]'' (1999), con [[Darío Grandinetti]] no rol do automobilista.<ref>«[http://www.filmaffinity.com/es/film528658.html Operación Fangio]». Filmaffinity. Consultado el 1 de maio de 2014.</ref>
 
=== Vida privada ===