Illa Soidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 132:
En 1829, Vernet achegouse ao Goberno de Bos Aires solicitando que o asentamento fora apoiado por un buque da armada. A solicitude foi rexeitada, e no seu lugar Vernet foi proclamado gobernador e autorizado a actuar cos seus propios recursos. O cónsul británico presentou unha protesta formal pola proclamación, que quedou sen resposta. Vernet asegurou ao cónsul británico que o seu interese era puramente comercial e unha vez máis instou aos británicos a establecer unha presenza permanente nas illas. Vernet foi a primeira persoa que se proclamou Gobernador, aínda que os textos arxentinos modernos reclaman aos capitáns da Heroína e Pacheco como "gobernadores".
 
"[[Puerto Luís]]", como foi rebautizado, converteuse nunha base de caza de focas e un pequeno porto pesquero. Vernet apoderouse máis tarde dun buque estadounidense, o Harriet, por romper o monopolio que proclamara na caza de focas, non recoñecido polos gobernos estadounidense e británico. (Ambos disputaron formalmente as restriccións a través dos seus cónsules en Bos Aires). Confiscou a propiedade do barco e o capitán foi enviado a Bos Aires para ser xulgado. Vernet acompañouno. O cónsul americano enna Arxentina protestou fortemente as accións de Vernet, declarando que Estados Unidos non recoñecía a soberanía arxentina sobre as Malvinas.
 
O cónsul estadounidense enviou o ''USS Lexington'' a Puerto Luís para que retomase a propiedade confiscada, así como os buques "Superior" e "Breakwater", que tamén foran incautados. En 1832,o [[USS Lexington (1825)|USS Lexington]] atacou Puerto Luís, un acto que máis tarde foi aprobado polo embaixador americano en Bos Aires, que declarou as illas Malvinas libres de calquera poder gobernante. A Arxentina moderna afirma que os norteamericanos destruíron o asentamento, pero o rexistro do capitán Duncan fala de só apontoar os canóns e destruír a tenda da polvora. Duncan arrestou aos sete membrosprincipais do asentamento de Vernet por piratería e proporcionou transporte a [[Montevideo]] para calquera membro do asentamento que quixese marcharse. A maioría da poboación decidiu marcharse, alegando que Vernet enganounos sobre as miserables condicións nas illas. Logo destes acontecementos, Vernet renunciou como Gobernador. O goberno arxentino entón nomeou a Esteban Mestivier como gobernador, e procurou establecer unha colonia penal nas illas. (O nomeamento de Mestivier foi de feito o único nomeamento arxentino para seguir as normas da época e foi debidamente publicado). Pouco despois da súa chegada, con todo, Mestivier foi asasinado polos seus propios homes e o asentamento quedou no caos.