Diferenzas entre revisións de «Benigno Andrade García»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Desfíxose a edición 5120153 de 83.165.34.114 (conversa))
Etiqueta: Desfacer
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
}}
 
'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz casada en segundas nupcias e que xa tiña un fillo. Foucellas tiña dous irmáns: Consuelo (falecida antes de 1952) e José Couceiro García (residente dende 1952 enna Arxentina). Estaba casado con María Pérez Mellid, nada enna Arxentina e de nacionalidade española e arxentina. Tivo dous fillos con María Pérez: Pepiña e Sergio, e outros dous que foron criados por María Novo García, curmán de Foucellas: Benigno e Carmen que vivían en [[Ru, Vilasantar, Vilasantar|Ru]], [[Vilasantar]].<ref>{{cita web|url=http://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com/2014/04/memorial-democratico-andrade.html|título=Memorial democrático [ANDRADE]}}</ref> Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento coa Garda Civil. Foucellas medía 1,67 metros de estatura, tiña o pelo negro, ollos castiñeiro, boca regular, barba pechada, cara alongada e nariz regular. Segundo descrición da Garda Civil.
 
Benigno Andrade é un dos nomes míticos do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|antifranquismo armado]] en [[Galicia]]<ref>Redondo Abal, F. X. (2006): ''Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)''. Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /</ref>. Foi condeado en [[consello de guerra sumarísimo]] a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de [[Francisco Franco|Franco]], [[Carmen Franco]]. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".