Vicente Gómez Paratcha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Irmán de [[Laureano Gómez Paratcha]]. Fundou en Vilagarcía de Arousa a Agencia Arosa, colaborou en ''[[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]]'' e foi redactor-xefe e despois director de ''[[Heraldo de Arosa]]''. Foi presidente da Juventud Maurista de Vilagarcía de Arosa. Foi membro fundador das [[Irmandades da Fala]] e participou nas campañas agraristas. Emigrou a [[Cuba]] nos anos vinte, onde se fixo famoso como letrado e asesor de varios consorcios azucreiros. Despois pasou a [[Perú]], onde colaborou en ''El Tiempo'', [[Ecuador]], [[Panamá]], [[Venezuela]] e, logo dun retorno fugaz a España, coincidindo coa proclamación da [[Segunda República Española|República]], foi nomeado agregado da embaixada en [[Perú]]. Cando estalou a [[Guerra civil española|guerra civil]] foi expulsado de [[Lima]], acusado de comunista. Instalouse enna Arxentina, onde casou con Nelly Casco, viúva doutro matrimonio, adoptando as súas fillas, Delia e Susana Casale. Neste matrimonio tivo os seus fillos Vicente, María Mercedes e María Cristina. Traballou na compañía de seguros La Franco Argentina. Fundou e dirixiu a revista ''Franco Viva''. Formou parte da [[Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas]] (AGUEA) e da Agrupación de Intelectuales Demócratas Españoles.
 
== Véxase tamén ==