Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 39:
O peor, porén, foi que a marcha do guitarrista deixaba un oco en Jethro Tull que tiña que ser ocupado pronto, xa que a súa primeira xira polos [[Estados Unidos]] estaba á volta da esquina. Comeza así unha frenética carreira por incorporar a un bo guitarrista. O primeiro en probar coa banda foi Tommy Iomi, o coñecido guitarrista de [[Black Sabbath]], que só estivo dez días con Jethro Tull, xa que a súa técnica non convencía a Anderson. Tras el, chegou Davy O’List, que aínda estivo menos tempo con eles: catro días, pero que posteriormente sería mundialmente coñecido como o guitarrista da banda [[Nice (grupo musical)|Nice]]. Por fin chegou o que sería guitarrista definitivo de Jethro Tull, Martin Lancelot Barre, que dende a súa mesma chegada ó grupo converteríase na peza máis importante do mesmo, a excepción, claro está, do propio Anderson. Martin Barre era máis que un guitarrista aceptable, pero o certo é que a súa valía non sempre fora recoñecida pola prensa especializada, demasiado acostumada a que un guitarrista sexa o líder dunha banda de rock, ou ós sós enrevesados, tecnicistas e interminables dos "heroes" da guitarra (ex: [[Jimi Hendrix]], [[Jimmy Page]], [[Jeff Beck]]...), pero o destacable de Barre foi a súa compenetración con Ian Anderson.
1969 foi un ano moi importante para Jethro Tull, xa que na primavera do mesmo comezaron a súa primeira xira por Estados Unidos, nun principio como abreconcertos de [[Led Zeppelin]] ou [[Fleetwood Mac]]. A repercusión dos concertos que a banda ofreceu ennos Estados Unidos foi enorme, ata o punto de que son invitados a gravar en varios estudios musicais daquel país. Ditas gravacións foron moi frutíferas, e dunha delas xurdiu unha das mellores cancións na historia de Jethro Tull: "Living in the past", gravada nos Estudios Vantone de New Jersey. Este foi o primeiro sinxelo de Jethro que alcanzou o éxito, chegando incluso a facelos aparecer na televisión, concretamente no programa "Top of the pops". Este éxito, unido á publicación do seu segundo traballo, "Stand up", consolidou a Jethro Tull como unha das mellores bandas do momento. Gravado nos Estudios Morgan de Londres, "Stand up" alcanza rapidamente o número 1 das listas británicas e fai o propio noutros países europeos, chegando a ser disco de ouro, o primeiro que a banda consegue. Neste álbum aprécianse xa as características básicas do son típico do grupo, como poden ser a forma de tocar a frauta por parte de Anderson, as alternancias entre as partes suaves e fortes en moitas das cancións e a clara influencia da música medieval no son de Jethro Tull. Aquí aparecen instrumentos coma a balalaica ou a mandolina, que xunto á xa típica frauta (tocada en dous dos temas por Martin Barre) contribúen a dotar ós temas dun ambiente folk do que a banda xamais se desprendería, por moito que en ocasións Anderson declarase que odiaba a música folk. Pero non só se aprecian neste traballo influencias da música folk, senón que tamén podemos observar coma o rock duro aparece en temas coma "A new day yesterday", "Nothing is easy" e nas partes máis fortes doutros cortes do disco. Igualmente, a influencia da música clásica queda patente nada máis escoitar "Bourée", que é unha adaptación dunha composición de [[Johann Sebastian Bach]]. Todo isto supón que o grupo se afastara un pouco do son blues e jazz que caracterizou o seu primeiro traballo.
 
Ó éxito de "Stand up" seguiu a edición de dous novos sinxelos igualmente triunfantes: o primeiro deles estaba formado por "Sweet dream" na cara A e "17" na cara B, e publicouse en setembro de 1969. Nel aprécianse toques de orquestra que, se ben non eran rigorosamente unha primicia (o tema "Reasons for waiting", de "Stand up" xa tiña unha parte de orquestra amañada por David Palmer), sí que consolidan a vertente sinfónica do son de Jethro Tull. De feito, moitos dos seus seguintes discos incluíron extensas partes con amaños de orquestra. O outro single foi "Witch’s promise"/"Teacher", no que aparecen por primeira vez os xeniais toques de piano por parte de John Evans, que deste modo regresaba xunto cos seus colegas de toda a vida. Este disco saíu á venda en decembro de 1969, como preludio do seu seguinte álbum, o terceiro na historia do grupo, que se publicou en febreiro de 1970 e se titulou "Benefit". A saída á venda do Lp coincidiu coa segunda xira de Jethro Tull polos Estados Unidos, esta vez como estrelas absolutas. Existen algunhas testemuñas de dita xira, sobre todo da actuación do grupo no Carnegie Hall de [[Nova York]], onde ofreceron un dos seus mellores concertos que se recordan e onde moi probablemente comenzouse a forxar o halo de lenda que agora envolve á banda. Neste concerto graváronse dous temas que posteriormente formarían parte do álbum "Living in the past".
Liña 64:
Os concertos de presentación de "Thick as a brick" por todo o mundo acompañáronse dun forte tratamento escénico, produto seguramente da influencia que en Anderson tiveron diversos shows televisivos como o Flying Circus de [[Monty Python]].
 
O seguinte disco de Jethro Tull publicaríase no mesmo ano que "Thick as a brick", aínda que non se trataba dun disco enteiramente novo, senón dunha recompilación de singles non publicados en ningún disco, temas extraídos dos seus anteriores traballos, algunhas cancións novas e partes en directo dalgúns dos seus concertos. Trátase de "Living in the past", editado en xullo de 1972 en Gran Bretaña e en outubro dese mesmo ano ennos Estados Unidos. O álbum foi un acerto por parte do grupo, xa que moitos fans se perderan no seu momento moitos dos singles que Jethro publicaran entre Lp e Lp, polo que esta era unha magnífica oportunidade para facerse con eles sen ter que recorrer ó mercado de segunda man, coa propina adicional de que, ó tratarse dun disco dobre, ofrecía unha boa perspectiva do que o grupo fora capaz de ofrecer en directo mediante unha das catro caras dos discos, que era enteiramente en directo, así como o regalo adicional dalgún que outro tema novo.
 
=== O bienio conflitivo (1973-1974) ===
Liña 77:
En ámbolos dous discos, Ian Anderson atrévese co [[saxofón]], se ben o abandonaría posteriormente por razóns descoñecidas. Con todo, o mellor de "War Child" foron, sen dúbida, os seus concertos en directo, dos cales escribiuse no seu momento que foron os mellores de toda a historia da banda, cheos de efectos visuais e sonoros, cun son impecable e unhas actuacións dos músicos moi dinámicas. Nestes concertos intervirían catro rapazas formando unha sección de corda e espidas de cintura para arriba. Respondían ós nomes de Elizabeth Edwards, Rita Eddowes e Helen, todas ao violín, e Katharine Thulborn ao violonchelo. Tamén participarían no seguinte disco da banda en estudio. Con todo, as actuacións de Jethro Tull en España, en 1974 (ano no que a visitaron por primeira vez), non contaban con esta parte do espectáculo, prohibida pola censura, e as catro actuaron ben cubertas.
 
"War Child" publicouse en octubro de 1974, en metade dunha xigantesca xira que o grupo realizou polos Estados Unidos, Xapón, Australia, Europa, etc. Alcanzou o nº 2 nas listas dos Estados Unidos e o nº 14 nas de Gran Bretaña, uns resultados similares aos de "A passion play", o "disco maldito" do grupo. Embriagados polo éxito dos seus concertos, cada vez máis fans acudían aos lugares nos que actuaban Jethro Tull para admirar as loucuras de Anderson sobre o escenario, a posta en escena da banda, o seu impecable son e, sobre todo, a un grupo que dende había varios anos pertencía á elite do rock. Como datos máis significativos, pódese dicir que na actuación da banda no Forum de [[Los Angeles]] víronos en directo máis de cen mil persoas e que ennos Estados Unidos conseguiron que máis dun millón de seguidores asistisen ós seus concertos.
 
Durante este mesmo ano, Ian Anderson aínda tivo tempo para producir un dos mellores discos do grupo de folk-rock [[Steeleye Span]], "Now we are six", no que se adivina facilmente a man de Anderson en cada unha das cancións, e sobre todo no son do grupo, en especial da sección rítmica de baixo e batería.