Globalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 61:
A nivel cultural, o incremento da intercomunicación física e [[Comunicación virtual|virtual]], incrementaron e facilitaron este proceso. A interconexión física baséase na masificación do [[transporte]]. A interconexión virtual baséase exclusivamente na tecnoloxía, por exemplo, [[Internet]]. Isto levou a dous resultados contraditorios: por unha banda a centralización do control administrativo e político a niveis gobernamentais e corporativos viuse facilitada enormemente. Por outro, facilitouse de xeito igualmente enorme a diseminación de ideas críticas e a comunicación a nivel de cidadáns comúns e correntes, que anteriormente estaban para a súa información a mercé dos [[Comunicación de masas|medios]] establecidos ou non podían responder rápida e efectivamente a decisións que os afectaban.
=== Na cultura ===
[[Ficheiro:Guerreros de terracota.jpg|miniatura|Detalle dunha das exposicións dos [[Guerreiros de Terracota]], ennos Estados Unidos.]]
A globalización na cultura maniféstase na integración e o contacto de prácticas culturais: marcas, consumo de medios, valores, iconas, personaxes, imaxinario colectivo, costumes, relacións, etc. Nun sentido restritivo do concepto de [[cultura]], enténdese sobre todo o relacionado coa difusión e consumo dos produtos culturais de alcance mundial, fundamentalmente cine, televisión, literatura e música, nos que o factor tecnolóxico multiplica a súa capacidade de difusión a grande escala.
 
Liña 69:
 
Coa progresiva e rápida dixitalización de todos os soportes de comunicación, redúcense as barreiras á difusión mundial, reservada durante boa parte da segunda metade do século XX ás firmas de radiodifusión, os circuítos de exhibición e os acontecementos de cobertura internacional (especialmente os deportivos). A cultura global é polo tanto audiovisual, e de masas. Os argumentos universais narrativos e simbólicos tenden a fundirse nas novas iconas audiovisuais, renovados na súa estética (estilo, actores, efectos especiais, ambientación, etc.)<ref>Balló, J.; Pérez, X. ''La semilla inmortal: los argumentos universales en el cine''. Tusquets, 1997.</ref>
 
=== Importancia das cidades ===
As novas condiciones socioeconómicas terminan esvaendo o poder e as atribucións dos estados-nación. Ante este panorama xorden con forza as [[cidade]]s, grandes urbes, que compiten entre elas para atraer capital, talento e turismo. Deixaron de formar parte dunha orde xerárquica que establecía a súa preeminencia en factores de poboación, de conectividade, ou culturais. Na globalización as cidades son unha porta, un modo de acceso á economía global, e as cidades deixan de ser fitos, e pasan a conformar redes. Unha mellor inserción nestas redes supón maior competitividade e atracción. Simultáneamente, a globalización é a impulsora do acelerado proceso de urbanización e metropolización da humanidade. Nos procesos migratorios, ademais das causas económicas, ambientais ou bélicas para abandonar un territorio está a perspectiva de acceder á economía global, da mellora nas condicións de vida que supón en moitos casos chegar á cidade. E unhas teñen moito máis que ofrecer que outras.<ref>Seisdedos, Gildo (2007). ''Cómo gestionar las ciudades del siglo XXI: del "city marketing" al "urban management"''. Ed. Pearson Educación p. 16.</ref>