George Harrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
sufre > sofre
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 101:
De forma adicional ao seu propio traballo, Harrison escribiu dous temas para [[Ringo Starr]], "It Don't Come Easy" e "Photograph", e ademais apareceu no álbum ''[[Imaxine (álbum)|Imaxine]]'' de [[John Lennon]], así como nos temas "You're Breakin' My Heart" de [[Harry Nilsson]], "Day After Day" de Badfinger, "That's The Way God Planned It" de [[Billy Preston]] e "Basketball Jones" de Cheech & Chong.
 
O seguinte álbum de Harrison, ''[[Living in the Material World]]'', sería publicado en 1973. O seu primeiro single, "[[Give Me Love (Give Me Peace on Earth)]]" brindaríalle o seu segundo nº1 ennos Estados Unidos, mentres "Sue Me Sue You Blues" serviría de mofa ao proceso xudicial que estaba desenvolvendo McCartney para disolver de forma oficial [[The Beatles]]. Cun son máis intimista e unha lírica máis espiritual e filosófica, o álbum mantívose no primeiro posto das listas de éxitos estadounidenses durante cinco semanas. En setembro de 2006, unha reedición do álbum con "Deep Blue" e "Miss O'Dell" como temas extra, así como con DVD, alcanzaría o posto nº38 do [[Billboard]] Pop Catalog Chart.
 
En 1974, viu a luz ''[[Dark Horse (álbum)|Dark Horse]]'', á vez que daba inicio a unha xira polos Estados Unidos. A xira foi duramente criticada pola duración do acto principal, a cargo de [[Ravi Shankar]], e pola voz rouca de Harrison debida a unha [[larinxite]]. Aínda así, o álbum alcanzou o posto nº5 nas listas de éxitos estadounidenses, aínda que as críticas desfavorables e o pouco interese suscitado provocarían que ''Dark Horse'' non entrase nas listas de éxitos británicas. O single "[[Dark Horse (canción)|Dark Horse]]" alcanzaría o posto nº15 nas listas de Billboard.
Liña 127:
}}</ref> A morte de Lennon forzou a Harrison a rodearse de medidas de seguridade na súa mansión de Friar Park, en Henley- on- Thames. Pouco despois, modificou a letra de "[[All Those Years Ago]]", canción que compuxera nun principio para Ringo e que posteriormente serviu de tributo a Lennon no seu álbum ''[[Somewhere in England]]''. Con [[Ringo Starr]] na batería e con [[Paul McCartney|Paul]] e [[Linda McCartney]] nos coros, tanto o álbum como o sinxelo, publicados en 1981, recibiron boas recensións por parte da crítica musical, alcanzando o posto nº2 nas listas de éxitos estadounidenses.
 
Tras a publicación en 1982 de ''[[Gone Troppo]]'', George Harrison viuse apartado do mundo da música un total de cinco anos para dar prioridade a outras afeccións. Durante este tempo, aparecería publicamente no especial ''Carl Perkins and Friends'', con Ringo Starr e Eric Clapton entre os invitados, e gravaría unha canción para a banda sonora de "Porky's Revenge" e o tema "I Don't Want To Do It" de [[Bob Dylan]]. En 1987, regresaría con ''[[Cloud Nine]]'', un dos seus álbums máis loados pola crítica, producido por [[Jeff Lynne]], alcanzando o seu terceiro número 1 ennos Estados Unidos co single " Got My Mind Set On You". " When We Was Fab", un tema retrospectivo da súa etapa con [[The Beatles]], supuxo tamén un notable éxito. O álbum alcanzou o posto nº 8 nas listas de éxitos estadounidenses e o nº 10 nas británicas, dando a Harrison o seu mellor resultado desde ''[[Living in the Material World]]''.
 
Durante a gravación do tema " Handle With Care" reuniría no garaxe de Bob Dylan a [[Tom Petty]], [[Jeff Lynne]] e [[Roy Orbison]]. O que nun primeiro momento sería a cara B do single "This Is Love" acabaría converténdose na primeira canción gravada por [[Traveling Wilburys|The Traveling Wilburys]], ao considerar a compañía discográfica que o tema era demasiado bo para relegalo a un segundo plano. O primeiro álbum do grupo, gravado en apenas dúas semanas antes de que dese comezo a xira de Bob Dylan, foi publicado en outubro de 1988 co nome de ''[[Traveling Wilburys Vol. 1]]'' e cos nomes dos músicos ocultos tras [[pseudónimo]]s.