Protestantismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 32:
*O canon da Biblia para os protestantes é de 66 libros, xa que unicamente acéptanse como inspirados aqueles libros que son propios da ''[[Tanach]]'' hebrea (Antigo testamento para os cristiáns), é dicir que forman parte da Biblia xudía. Rexéitanse os libros do Antigo Testamento chamados deuterocanónicos por outras igrexas.
 
Nun principio os protestantes expresaron as súas posicións doutrinais por medio de Confesións de Fe, breves documentos apoloxéticos. As [[Confesións de Augsburgo]] expresaron a doutrina luterana. As confesións reformadas inclúen tamén a Confesión Escocesa (1560), A Segunda Confesión Helvética (1531) e a [[Confesión de Fe de Westminster]] (1647). Os [[Trinta e Nove Artigos de Relixión]] da [[Igrexa de Inglaterra]] tamén adoitan ser considerados reformados. A Declaración Teolóxica de Barmen, contra o réxime [[Nazi]], e a Breve Declaración de Fe da Igrexa Presbiteriana ennos Estados Unidos son exemplos de declaracións recentes.
 
O ensino relixioso fundamentouse en [[catecismo]]s. O Catecismo de Heidelberg e o Maior e Menor de Westminster son instrumentos reformados para ensino de adultos e infantes nas Igrexas.