Trece Colonias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 23:
* [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]]
 
Os [[Francia|franceses]] controlaban [[Canadá]] e [[Luisiana (Nova Francia)]], que comprendían toda a vertente do [[río Mississippi]]: un imperio vasto con poucos habitantes. Entre [[1689]] e [[1815]], Francia e a Gran Bretaña sostiveron varias guerras, e América do Norte viuse envolvida en cada unha delas. En [[1756]] Francia e Inglaterra estaban enfrascadas na [[Guerra dos Sete Anos]], coñecida ennos Estados Unidos como a Guerra Francesa e Indíxena. O primeiro ministro británico, William Pitt, investiu soldados e diñeiro en América do Norte e gañou un imperio. As forzas británicas tomaron as prazas fortes canadenses de Louisburg (1758), [[Quebec]] (1759) e [[Montreal]] (1760). A ''Paz de París'', asinada en [[1763]], deu á Gran Bretaña dereitos sobre [[Canadá]] e toda [[América do Norte]] ao leste do [[río Mississippi]].
 
A vitoria de Inglaterra conduciu directamente a un conflito coas súas colonias norteamericanas. Para evitar que pelexasen cos nativos da rexión, chamados indios polos europeos, unha proclama real negou aos colonos o dereito de establecerse ao oeste dos montes [[Apalaches]]. O goberno británico empezou a castigar aos contrabandistas e impuxo novos gravames ao [[azucre]], o [[café]], os téxtiles e outros bens importados. A Lei de Aloxamento obrigou ás colonias a aloxar e alimentar aos soldados británicos; e coa aprobación da Lei do Selo (''Stamp Act''), debían adherirse selos fiscais especiais a todos os xornais, folletos, documentos legais e licenzas.