Diferenzas entre revisións de «Bertrand Gachot»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(letra grosa)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
[[Ficheiro:Bertrand Gachot 1995 Britain.jpg|miniatura|right|Gachot pilotando para [[Pacific Racing|Pacific]] no [[Gran Premio do Reino Unido de 1995]].]]
 
Gachot quedouse en Pacific para {{f1|1995}}, co novo chasis PR02, motores [[Cosworth ED]] e a incorporación de persoal experimentado logo dunha fusión cos restos do equipo [[Team Lotus|Lotus]]. Debido a que só había 26 participantes tiña a saída garantida e un paquete fiable significaba que o coche podería polo menos terminar carreiras, aínda que Gachot e o seu compañeiro de equipo [[Andrea Montermini]] víronse loitando na parte posterior da grella. As finanzas do equipo eran escasas e Gachot retirouse a mediados de tempada, polo que os descoñecidos pilotos de pago [[Giovanni Lavaggi]] e [[Jean-Denis Délétraz]] puideron ocupar o seu asento e traer algo de diñeiro a Pacific. Despois de que os patrocinadores de Délétraz incumprisen os pagos, o equipo planeou alugar o asento ao piloto de [[Formula Nippon]] [[Katsumi Yamamoto]] para as dúas carreiras enno Xapón, pero non se lle concedeu a superlicencia, polo que Gachot retomou o asento. Gachot tamén tiña a intención de deixar o coche ao piloto de probas do equipo [[Oliver Gavin]] para a carreira final da tempada en Australia, pero o inglés tampouco logrou a superlicencia e o belga viuse obrigado a volver ao coche, igualando o mellor resultado do equipo cun 8º lugar (logo de que a maior parte dos participantes se retiraran). Foi o derradeiro Grand Prix de Gachot, Pacific retirouse ao final da tempada.
 
Gachot formou o seu propio equipo de coches deportivos co obxectivo de participar nas [[24 Horas de Le Mans de 1996]]. O equipo participou nun [[Welter Racing|WR]] LM94 co apoio de fábrica e o motor [[SsangYong Motor Company|SsangYong]], no que era unha rara saída no automobilismo para o fabricante de [[Corea do Sur]]. O coche participou na sesión de pre-cualificación pero non clasificou para a carreira. O coche volveu entrar na Coupes d'Automne, unha carreira de 4 horas de coches deportivos celebrada no [[Circuíto de Bugatti]] posteriormente en 1996, onde se clasificou terceiro pero non terminou.