Esquines: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 11:
Na primavera de [[-347]], Esquines dirixiuse á asemblea dos Dez Mil de [[Megalópole]], [[Arcadia]], apremándoos para se uniren e defenderen a súa independencia en contra de Filipo. Con todo, no verán de 347 formou parte da embaixada de paz enviada a Macedonia, momento no que parece que Filipo logrou poñelo completamente da súa parte.
 
As súas dilatorias durante a segunda embaixada ([[-346]]) que fora enviada para ratificar os términostermos do [[tratado de paz]] entre Atenas e Macedonia fixeron que fose acusado por [[Demóstenes]] e por [[Timarco (orador)|Timarco]] de [[alta traizón]]. Esquines contraatacou acusando a Timarco de perder o dereito de falar fronte ao público como consecuencia das súas relacións na mocidade, que lle deixaron unha reputación de [[prostituto]] (Timarco fora o ''[[eromenos]]'' de moitos homes na cidade portuaria do [[Pireo]]).
 
Esquines tivo éxito: Timarco foi sentenciado a ''[[atimia]]'' e foi destruído politicamente, segundo Demóstenes. Este comentario foi máis tarde interpretado por [[Pseudo-Plutarco]] nas súas ''Vidas dos Dez Oradores'' como que Timarco se aforcou tras abandonar a asemblea, aínda que este feito é discutido por algúns modernos historiadores <ref>Nick Fisher, ''Aeschines: Against Timarchos,'' "Introduction," p. 22 n. 71; Oxford University Press, 2001.</ref>
Liña 26:
 
Os seus tres discursos, que na antigüidade recibiron o alcumo de "as tres grazas", sitúanse ao nivel dos de Demóstenes. [[Focio I, patriarca de Constantinopla|Focio]] menciona nove cartas escritas por Esquines ás que denomina "as nove musas"; as doce que están publicadas baixo o seu nome ([[Hercher]], ''Epistolographi Graeci'') non son xenuínas.
 
== Notas ==
{{listaref}}