Diferenzas entre revisións de «Colonia, Alemaña»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Aínda residencia real dos francos [[merovinxios]] (''rexia'' no Pretorio), os [[carolinxios]] a trasladaron a [[Aquisgrán-Aachen|Aquisgrán]]. Porén, no mesmo tempo, Colonia foi elevada a arcebispado (795) consolidando así un novo poder na cidade. Os arcebispos serán Príncipes Electores do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] e nos cinco séculos seguintes as fundacións relixiosas baixo a éxida episcopal van conformar un organismo urbano único, urdido cunha coroa de ata trece grandes igrexas e conventos, pequenas cidades de seu dentro da cidade <ref>[http://www.romanische-kirchen-koeln.de/kirchen.html ''Páxina exhaustiva sobre as grandes igrexas románicas de Colonia'']</ref><ref>''As cidades episcopais, "Urbanismo occidental" páx 24 e sig., W.Braunfels.''</ref>.
Bispado xa dende [[313]] o primeiro bispo coñecido, Materno, erixira unha primitiva igrexa coma modesta catedral no límite nordeste da Colonia Agripina, xunto á muralla (seica no lugar dun templo romano, hoxe baixo o coro do ''Domo'' actual). Tamén de orixe na época romana son as igrexas de San Severino, San Xereón e Sta. Úrsula (primitivos ''martyria'' en cemiterios fóra de murallas). A temperá cristianización dos merovinxios (o rei [[Clodoveo I]] en 496) favoreceu o enriquecemento de aquelasdaquelas (baptisterio na catedral e outros anexos) e a creación de novas institucións relixiosas coma San Kuniberto (tamén fora de murallas ao norte), Santa María no Capitolio (sobre os cimentos do antigo templo romano) e San Xurxo (a carón da porta sur da muralla).
[[Ficheiro:Köln st pantaleon.jpg|miniatura|200px|esquerda|S.Pantaleón, fachada (''Westwerk'').]]
Despois da elección de Hildebold coma primeiro arcebispo foi erixida unha verdadeira primeira catedral (s. IX, carolinxia) e novos templos foron construídos (Santos Apóstolos ao oeste da muralla, Santo André na porta norte e Santa Cecilia sobre as termas romanas). O saqueo viquingo do [[882]], tralo que as murallas foron reconstruídas, daba conta da debilidade do Sacro Imperio no final do período carolinxio.
284.321

edicións