Anno Domini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 10:
== Popularización ==
 
O historiador anglosaxón [[Beda o Venerable]], que estaba familiarizado coa obra de Dionisio o Exiguo, empregou a fórmula ''Anno Domini'' na datación do o seu ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum]],'' terminada en [[731]]. Nesta mesma historia tamén utilizou outro términotermo latino, "''ante vero incarnationis dominicae tempus''" (o tempo antes da [[encarnación]] verdadeira do Señor), equivalente ao "antes de Cristo", para identificar os anos anteriores ao primeiro ano desta era,<ref>Beda 731, ''Libro 1'', Capítulo 2.</ref> establecendo así a norma de non utilizar un [[ano cero]], malia utilizar o cero no seu cómputo. Tanto Dionisio como Beda consideraron ''Anno Domini'' a partir da encarnación de [[Xesús de Nazaret|Xesús]], pero a distinción entre a Encarnación e o [[Nadal]] non se elaborou ata finais do [[século IX]], cando nalgúns lugares o momento da [[Encarnación]] foi identificado coa concepción de Cristo, é dicir, coa [[Anunciación]], que se celebra o [[25 de marzo]].
 
No continente europeo, o ''Anno Domini'' foi introducido como a era elixida no [[Renacemento carolinxio]] por [[Alcuino]]. O seu uso foi referendado polo emperador [[Carlomagno]]. Os seus sucesores popularizárono e difundiuse por todo o [[Imperio Carolinxio]]. Segundo a [[Enciclopedia Católica]], os [[papa]]s continuaron datando os documentos de acordo cos anos do seu pontificado durante algún tempo, pero o uso de ''AD'' fíxose aos poucos cada vez máis común nos países [[católico]]s entre os [[século XI|séculos XI]] e [[século XIV|XIV]]. Os países [[Cristianismo ortodoxo|ortodoxos]] só empezaron a adoptar o ''AD'' en troques do [[calendario bizantino]] logo de que [[Rusia]] o fixese no [[1700]], mentres que outros non o adoptaron ata os [[Século XIX|séculos XIX]] e [[Século XX|XX]].