Éibar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 30:
En 1346 [[Afonso XI de Castela]] fundou a vila co nome de ''Villanueva de San Andrés'' ao que enseguida se engadíu ''de Heybar''. Xa en documentos de 1493 e 1494 figuran os nomes de ''Ehibar'' e ''Heybar''. Como Gregorio de Mújica indica nas súas obras, o topónimo coñeceu diferentes formas e ningunha excluíu as demais. Así pois á Cidade Armeira coñecéuselle como ''Villanueva de San Andrés de Heybar'', ''Heibar'', ''Eybar'' e ''Heivar''. Hoxe en día utilízanse a forma ''Eibar'' (oficial).
 
Sobre o significado do nome ''Eibar'', parece claramente composto da palabra vasca ''ibar'' que significa ''val''; non estando abofé o primeiro términotermo que acompaña a ''ibar''. Unha versión moi estendida e bastante plausible é a que considera o nome do pobo unha contracción de ''Ego'' ''ibar'', significando ''Val do Ego''. Pero non está documentado nin que a forma ''Egoibar'' ou o términotermo ''Eguibar'', que sería a forma intermedia entre Egoibar e Eibar, faga nunca referencia a esta localidade, malia tratarse ''Eguibar'' dun apelido vasco bastante estendido. Ao non estar demostrada esta hipótese pódese pensar que quizais outro términotermo estea na orixe do nome desta cidade; algúns falan de ''hegi'', palabra que significa costa nos actuais dialectos vascofranceses e que no pasado puido ter o mesmo significado no éuscaro local.
 
== Xeografía ==