Vitoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 149:
 
== Idiosincrasia e cultura ==
A cidade recibiu a influencia de diferentes culturas, que se foron sumando ó substrato nativo vasco. Na segunda metade do século XX chegaron a ela gran número de emigrantes procedentes do resto de España, ós que se sumaron nos últimos anos persoas chegadas de [[Latinoamérica]] e do norte de [[África]]. Como consecuencia, Vitoria é unha cidade activa e multicultural. Segundo un estudo, é a segunda cidade de España con mellor calidade de vida despois de [[Xirona]]{{cómpre referencia}}. É ademais a cidade española con máis zonas verdes, con 42 m² por persoa contando o Anel Verde da cidade<ref>{{Cita web |url=http://www.alavaturismo.com/es/ruta.php?Clave=3 |título=zonas verdes de Vitoria |data-acceso=20 de xullo de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070929191337/http://www.alavaturismo.com/es/ruta.php?Clave=3 |dataarquivo=29 de setembro de 2007 |urlmorta=si }}</ref>, e a segunda contando só as áreas verdes dentro da cidade con 23,4 m² por persoa<ref>[{{Cita web |url=http://revista.consumer.es/web/es/20021101/actualidad/tema_de_portada/ |título=zonas verdes de Vitoria] |data-acceso=20 de xullo de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070629145519/http://revista.consumer.es/web/es/20021101/actualidad/tema_de_portada/ |dataarquivo=29 de xuño de 2007 |urlmorta=si }}</ref>.
 
A capital vasca ten varios museos de primeira orde. O novo Centro-Museo Vasco de Arte Contemporánea ([[ARTIUM]]) ofrece unha colección de arte vasca e española desde os comezos do século XX ata a actualidade. Na casa-hotel do Conde de Dávila (de 1912), en pleno paseo de Frai Francisco (famoso polos seus suntuosos e en ocasións excéntricos pazos de principios do século XX), está o Museo de Belas Artes de Vitoria. Este centro ofrece unha brillante selección de costumismo vasco, tallas románicas e góticas, trípticos [[Flandres|flamengos]] e cadros dos séculos XVIII e XIX. Xunto co Mueso de Arqueoloxía, situado na Praza da Burullería, forma parte dunha rede museística que completan o Museo de Armería (tamén no Paseo de Frai Francisco, xunto a [[Ajuria Enea]]), o Museo de Ciencias Naturais (na impoñente Torre de Doña Otxanda, do século XV) e o [[Museo Fournier de Naipes]] (coa maior colección de naipes do mundo mercede á contribución da empresa local [[Naipes de Heraclio Fournier S.A.|Heraclio Fournier]], fundada en 1868). Por outra parte, numerosas galerías de arte distribúense pola cidade, acollendo exposicións de todo tipo.