Estudio de gravación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 11:
 
== Historia ==
Dende a década de 1890 aos añosanos 30, na era das gravacións acústicas (antes da introdución de [[micrófono]]s, da gravación eléctrica e a amplificación) os estudios de gravación eran instalacións moi básicas. As gravacións eran feitas por un proceso de corte do xiradiscos, agrupando os músicos fronte un corno acústico, a enerxía acústica pasa polo diafragma do corno ata un torno mecánico de corte, inscribindo o sinal nun suco modulado directamente sobre o disco. Trala aparición do micrófono, do amplificador e mais do altofalante a [[industria]] da gravación acústica pasou gradualmente a ser gravación eléctrica.
 
De década de [[1940]] ós anos 70, os estudios eran deseñados para a gravación en vivo de [[orquestra]]s sinfónicas e outros conxuntos musicais grandes conforme ás tendencias da época. Os enxeñeiros descatáronse de que os espazos grandes e reverberantes creaban unha firma acústica característica. Debido ás limitacións tecnolóxicas na gravación, os estudios dos anos 50 foron diseñados segundo o concepto de agrupar músicos e cantantes, en vez de separalos, e de colocar os micrófonos de forma estratéxica para capturar a interacción acústica e harmónica perfecta. Debido a súa acústica, moitos estudios eran igrexas adaptadas.{{Cómpre referencia}}