Diferenzas entre revisións de «María II de Portugal»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
'''María II de Portugal''' (nada en [[Río de Xaneiro]] o [[4 de abril]] de [[1819]] e falecida en [[Lisboa]] o [[15 de novembro]] de [[1853]]) foi [[Lista de reis de Portugal|raíña de Portugal]], alcumada ''a Educadora''. Nacida en [[Brasil]], foi a única [[América|americana]] [[xefe de estado]] dun estado [[Europa|europeo]].
 
Era a filla do rei [[Pedro IV de Portugal]], tamén [[Imperio de Brasil|emperador dedo Brasil]] co nome de Pedro I, e da súa primeira esposa a archiduquesa [[Maria Leopoldina Josefa Carolina de Austria]]. Foi a segunda e última muller que logrou acceder ao trono de [[Portugal]].
 
== Ascenso ao trono ==
{{Artigo principal|Guerras Liberais}}
 
En marzo de [[1826]] morreu o rei [[Xoán VI de Portugal|Xoán VI]], o que provocou unha [[Dereito de sucesións|crise de sucesión]] no país. O seu herdeiro, Pedro IV, proclamouse emperador dedo Brasil en [[1822]]. Xoán tiña outro fillo [[Miguel I de Portugal|Miguel]], pero estaba exiliado en [[Austria]] logo de liderar unha serie de levantamentos contra o seu pai e o seu réxime liberal.
 
O rei designou á súa filla preferida, Isabel María, rexente ata que o seu "herdeiro lexítimo regresase ao país". Pero xamais especificou quen era ese herdeiro, se era Pedro o emperador, ou Miguel, o príncipe no exilio.