O carteiro de Bagdad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zaosbot (conversa | contribucións)
m retiro marcador lig. morta; BiTRaGA estivo fóra de servizo un mes (via JWB)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 36:
 
== Trama ==
A historia transcorre no barrio de Karrada, en [[Bagdad]], a antiga cidade máis grande da Terra ou Cidade da Paz. Atópase en guerra, e móstrase toda a pobreza e o medo ao que están expostos os habitantes. A cidade resiste baixo as bombas, os comercios están tapiados, os colexios non funcionan e os nenos xogan nas súas casas. O país recibe ameazas externas dedos Estados Unidos e a coalición de países que atacan a Iraq, e mostra os enfrontamentos entre sunitas e chiítas.
 
O protagonista da historia é Abdulwahid, un neno de once anos chamado igual que o levantador de pesas do seu país, recordado por todos por conseguir unha medalla de bronce nas olimpíadas, sendo o único na historia de [[Iraq]]; un feito inesquecible. Pertence a unha familia [[Sunnismo|sunita]], e non entende porque non pode xogar co seu amigo Ahmed, de familia chiíta. O seu pai é carteiro e todos os días vai traballar na súa motocicleta con esperanza, convencido da importancia de levar noticias ás familias castigadas pola dor de non saber o destino dos seus familiares. No seu peto leva unha carta que se propón entregar, custe o que custe.