Tartaruga mariña común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 178:
Cando as augas do océano arrefrían, estas tartarugas teñen que migrar a zonas máis cálidas. Tamén poden [[hibernación|hibernar]] ata certo punto; nos meses más fríos mergúllase durante sete horas seguidas, emerxendo durante só sete minutos para respirar. Aínda que as tartarugas de auga doce poden superala, estas son algunhas das inmersións máis longas rexistradas en calquera vertebrado mariño que respire aire.<ref name="divetimes"/> Durante a súa migración estacional, os xuvenís teñen a capacidade de navegar utilizando para guiarse signos magnéticos e visuais.<ref name="orientation cues"/> Cando ambos os signos están presentes, utilízanse en combinación, pero un só deles por separado é dabondo para orientarse.<ref name="orientation cues"/> Durante a migración, as tartarugas nadan cunha velocidade de aproximadamente 1,6&nbsp;km/h.<ref>{{cita publicación periódica|título=The relationship between loggerhead turtle (Caretta caretta) movement patterns and Mediterranean currents|autor=Bentivegna, F.|autor2=Valentino, F.; Falco, P.; Zambianchi, E.; Hochscheid, S.|revista=Marine biology|ano=2007|volume=151|número=5|páxinas=1605–1614}}</ref>
 
Como todas as tartarugas mariñas, a tartaruga mariña común prepárase para a reprodución na súa zona de alimentación. Isto ten lugar varios anos antes de que migre a unha zona de apareamento.<ref name="biologyandconservation5"/> No sueste dedos Estados Unidos e en Australia as femias reprodúcense por primeira vez entre as idades de 28 a 33 anos; en [[Suráfrica]] isto ocorre entre as idades de 17 e 30 anos. Non se coñece a idade da primeira reprodución no Mediterráneo, Omán, o Xapón e o Brasil.<ref name="spotila16"/> As tartarugas mariñas comúns que aniñan, teñen unha lonxitude recta da coiraza de 70 a 109&nbsp;cm. Debido á ampla gama, a lonxitude da coiraza non é un indicador fiable da madurez sexual.<ref name="biologyandconservation5"/> A súa esperanza de vida máxima está entre 47 e 67 anos na natureza.<ref name="ernst50"/>
 
=== Reprodución ===