Mapa xeolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 48:
Un dos primeiros mapas xeolóxicos data de 1771 e ten o longo título de "Mapa de parte de Auvernia, ou figuras das correntes de lava nas cales os prismas, bólas etc. están feitos de basalto. Para ser usado coas teorías do Sr. Demarest deste duro basalto. Gravado por Messr. Pasumot e Daily, enxeñeiros xeolóxicos do Rei." Este mapa está baseado no estudo detallado feito en 1768 por [[Nicolas Desmarest]] da xeoloxía e historia eruptiva dos volcáns da rexión de [[Auvernia (rexión)|Auvernia]] e unha comparación coas columnas da [[escaleira dos xigantes]] de Irlanda, na que se identificaban tanto sitios destacados coma características dos volcáns extintos. O informe de 1798 foi incorporado ao compendio a Real Academia da Ciendia francesa de 1771.
 
Entre os primeiros mapas xeolóxicos da Modernidade, está o dedos Estados Unidos,<ref>{{cita libro |apelido=Maclure |nome=William |título=Observations on the Geology of the United States |url=http://books.google.com.ar/books?id=_bgQAAAAIAAJ&redir_esc=y |idioma=inglés |ano=1817 |localidade=Filadelfia}}</ref> elaborado en 1809 por William Maclure. O primeiro mapa xeolóxico de Gran Bretaña foi creado por [[William Smith (xeólogo)|William Smith]] en 1815.<ref>[[Simon Winchester]], 2002, ''[[The Map that Changed the World]]'', Harper-Collins ISBN 0-06-093180-9</ref>
 
En España o mapa xeolóxico nacional elabórao o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME). As súas orixes parten da «Comisión para a Carta Xeolóxica de Madrid e Xeral do Reino», fundada por [[Isabel II de España]] no ano 1849. Entre 1873 e 1910 pasou a denominarse «Comisión do Mapa Xeolóxico de España» e desde 1910 recibiu o nome de «Instituto Xeolóxico de España».<ref name=historiaigme>IGME: [http://www.igme.es/QuienesSomos/histo.htm Historia].</ref> Durante uns anos, entre 1988 e 2001, denominouse «Instituto Tecnolóxico Xeomineiro de España» (ITGE).<ref name=historiaigme /> Hoxe denomínase Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.