Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 58:
A pesar de que a imaxe do grupo sempre foi e segue sendo a de Ian Anderson tocando a súa frauta sobre unha soa perna, o certo é que o potencial en directo da banda nutríase en non pouca medida polas ideas dos seus membros, que desenvolvían os seus propios "numeriños" en directo. Estes pequenos detalles teñen grande importancia cando un grupo de rock se presenta ante os seus fans, sobre todo á hora de crear un clima propicio para á asimilación das súas cancións, pero tamén para conseguir "teatralizar" a música que neses momentos desenvolve e transmitir á audiencia algo que non se pode percibir a través do disco: a imaxe e o dinamismo dunha auténtica banda de rock. Nisto, Jethro Tull eran e seguen sendo uns auténticos mestres. Moitos grupos posteriores imitaron ata a saciedade os trucos de Anderson sobre o escenario, así como diversos efectos utilizados por el nos concertos. Na xira do 71 comezaron a escoitarse en vivo certos fragmentos do que sería o seu próximo disco.
 
En abril do 72 publícase "Thick as a brick". Nada máis publicarse, moitos profesionais da radio situárono como o segundo mellor disco da historia da música moderna, por detrás do "Sgt. Pepper’s lonely hearts club band" de [[The Beatles]]. En seguida alcanzou o número 1 nas listas dedos Estados Unidos, algo que a banda merecía e víña perseguindo durante moito tempo. Posiblemente a resaca de "Aqualung" tivese moito que ver en tal logro, xa que moitos fans norteamericanos comezaron a darse conta do potencial de Jethro a partir deste disco, polo que esperaban con verdaderas ansias a súa nova obra. "Thick as a brick" é o primeiro Lp do grupo no que non encontramos temas separados, senón unha única canción que dura todo o disco, sen pausas ou interrupcións de ningún tipo, tan só o tempo que se tarda en cambiar de cara o álbum. Isto xa resultaba novedoso por sí só, aínda que non era o único novo na música da banda.
 
Así, podemos encontrar múltiples facetas novedosas, coma pode ser o formato do disco, en forma de periódico desplegable con numerosas páxinas nas que aparecen noticias de todo tipo, cheas de sarcasmo e humor. Xunto a este aspecto "visual", o son do grupo é moito máis elaborado, os arranxos comezan a ser extremadamente difíciles. Os cambios rítmicos, melódicos etc., sucédense sen parar, achegando cada un deles unha nova perspectiva do que estamos escoitando. A conxunción entre os membros da banda resulta aplastante. Moitos dudaron de que "Thick as a brick" puidese executarse en directo de forma adecuada, tal era o grao de dificultade instrumental do disco, pero equivocábanse, xa que a banda ofrecerá parte do que aparece no álbum nos seus concertos de 1971. "Thick as a brick" levou á banda ó cumio da popularidade e creatividade, aínda que as letras do disco aparecen asinadas por un tal Gerald Bostock, en realidade Ian Anderson preferiu utilizar dito pseudónimo e a truculenta historia dun neno prodixio de oito anos que gaña un concurso de poesía e logo é descalificado por deixar embarazada a unha nena de catorce, como un elemento máis de crítica social e imaxinación creativa, por suposto, como un reclamo para crear interese e incluso polémica entre os seus fans. Con todo, todo queda moi claro se se consulta á Sociedade de Autores Británica, xa que "Thick as a brick" aparece coma unha composición enteiramente de Anderson na súa letra e na súa música.