Lithobates catesbeianus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 7 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 42:
}}
 
'''''Lithobates catesbeianus''''' (antes ''Rana catesbeiana''), é unha especie de anfibio [[ránido]] que vive en [[Estados Unidos]] e [[Canadá]], onde recibe o nome de "ra touro" (''bullfrog''), porque a súa chamada lembra os urros dun [[touro]]. É unha ra de dorso verde oliva e partes laterais con manchas con marcas marróns e un ventre abrancazado con manchas amarelas ou grises. O labio superior adoita ser verde brillante e os machos teñen gorxas amarelas. Habita [[corpo de auga|corpos de auga]] grandes e permanentes, como pantanos, lagoas e lagos, onde se encontra xeralmente ao longo da beira da auga. O macho defende un [[territorio (animal)|territorio]] durante a estación reprodutora. É nativa do sur e leste dedos Estados Unidos e Canadá, pero foi amplamente introducida noutras partes de Norteamérica, Centroamérica, Suramérica, oeste de Europa e partes de Asia, e nalgunhas áreas é considerada unha [[especie invasora]].
 
É capturada polos humanos para comela en Norteamérica e en varios países máis nos que foi introducida. Tamén é criada en lugares controlados, aínda que isto é difícil e non sempre ten éxito. Hai certo comercio internacional de ancas desta ra para a alimentación humana. Utilízase nalgúns países en clases de bioloxía escolares para facer diseccións e ás veces tense como [[animal de compaña]].
Liña 61:
[[Ficheiro:Bullfrog - natures pics.jpg|miniatura|Nun hábitat acuático típico]]
 
Esta especie é nativa do leste de Norteamérica. A súa área de distribución natural esténdese desde a costa do Atlántico cara ao oeste ata [[Oklahoma]] e [[Kansas]]. Non se encontra nas illas preto de [[cabo Cod]] e está practicamente ausente de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]], [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], [[Nebrasca]], [[Dacota do Sur]] e [[Minesota]].<ref name=NAGS71>{{cite web |url=https://nas.er.usgs.gov/queries/FactSheet.aspx?SpeciesID=71 |title=''Lithobates catesbeianus'' (Shaw, 1802) |date=2011-09-14 |author1=McKercher, Liz |author2=Gregoire, Denise R. |work=Nonindigenous Aquatic Species |publisher=U.S. Geological Survey |accessdate=2013-01-20}}</ref> Foi introducida dentro dedos Estados Unidos na illa de [[Nantucket, Massachusetts|Nantucket]], [[Arizona]], [[Utah]], outras partes de Colorado e Nebrasca, [[Nevada]], [[California]], [[Oregón]], [[estado de Washington|Washington]] e [[Hawai]]. Neses estados considérase [[especie invasora]] e hai preocupación de que poida competir con éxito especies de anfibios e distorsionan o equilibrio ecolóxico.<ref name=NAGS71/> É moi común en California, onde se cre que é unha ameaza para a ''[[Rana draytonii]]'' e é considerada un factor no declive desa [[especie vulnerable]].<ref>{{cite web |url=http://oldredlist.iucnredlist.org/details/136113/0 |title=''Rana draytonii'' |author=Hammerson, Geoffrey |year=2008 |work=IUCN Red List of Threatened Species. Version 2012.2 |accessdate=2013-01-23 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20190426201457/http://oldredlist.iucnredlist.org/details/136113/0 |dataarquivo=26 de abril de 2019 |urlmorta=si }}</ref>
 
Outros países nos que se introduciu a ra touro son México, o oeste do Canadá, Cuba, Xamaica, Italia, os Países Baixos e Francia.<ref name=ISSG>{{cite web |url=http://www.issg.org/database/species/ecology.asp?si=80&fr=1&sts= |title=''Lithobates catesbeianus'' (=''Rana catesbeiana'') (amphibian) |author=Crayon, John J. |date=2009-12-03 |work=Global Invasive Species Database |publisher=Invasive Species Specialist Group |accessdate=2013-01-20}}</ref> Tamén se encontra en Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela, Colombia, China, Corea do Sur<ref>{{Cita web |url=http://www.savethefrogs.com/threats/invasive-species/ |título=Copia arquivada |data-acceso=26 de abril de 2019 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20171010004639/https://www.savethefrogs.com/threats/invasive-species/ |dataarquivo=10 de outubro de 2017 |urlmorta=si }}</ref> e o Xapón.<ref name=AmphibiaWeb>{{cite web |url=http://www.amphibiaweb.org/cgi-bin/amphib_query?rel-common_name=like&where-scientific_name=rana+catesbeiana&account=amphibiaweb |title=''Rana catesbeiana'' |author1=Lu, Christine |author2=Sopory, Ambika |date=2010-08-23 |publisher=AmphibiaWeb |accessdate=2013-01-20}}</ref> As razóns para introducir esta especie neses países foron proporcionar unha fonte de alimento ou como axentes de control biolóxico, pero tamén houbo escapes destas ras dos establecementos de crianza e escapes ou liberacións de espécimes que se tiñan como animais de compañía.<ref name=ISSG/> Os conservacionistas están preocupados porque ''L. catesbeianus'' é relativamente inmune á infección fúnxica da [[quitridiomicose]] e, a medida que invade novos territorios, pode contribuír ao espallamento desta doenza letal a outras especies de ras máis susceptibles.<ref>{{cite journal|last1=Borzée|first1=Amaël|last2=Kosch|first2=A. Tiffany|last3=Kim|first3=Miyeon|last4=Jang|first4=Yikweon|title=Introduced bullfrogs are associated with increased Batrachochytrium dendrobatidis prevalence and reduced occurrence of Korean treefrogs|journal=PLoS One|date=May 31, 2017|volume=12|issue=5|page=e0177860|doi=10.1371/journal.pone.0177860}}</ref><ref name=AmphibiaWeb/>
Liña 116:
 
[[Ficheiro:Supermarktfrosch.jpg|miniatura|esquerda|Ras touro nun supermercado asiático]]
Estas ras son unha fonte de alimento, especialmente no sur e algunhas partes do mediooeste dedos Estados Unidos. Poden cazarse en bote de noite ou en terra aproximándose con coidado para non asustalas.<ref>{{cite web |url=http://www.wikihow.com/Catch-a-Bullfrog |title=How to Catch a Bullfrog |work=WikiHow to do anything |accessdate=2013-02-17}}</ref> Só se comen as ancas, que lembran coxas de polo e poden cociñarse de maneira similar.<ref name=eattheinvaders/>
[[Ficheiro:Frog caught on homemade frog gig cropped.jpg|miniatura|upright=1.1|Ra touro capturada de noite nunha lagoa no sur dedos Estados Unidos cun gancho para ras caseiro.]]
 
Intentouse a crianza comercial de ras touro en lagoas pechadas case naturais, pero ten moitas dificultades. Aínda que se lle poden dar boliñas de alimento, as ras non consomen de moi boa gana dietas artificiais e proporcionarlles suficientes presas vivas é moi complicado. As enfermidades adoitan ser tamén un problema incluso cando se ten gran coidado para proporcionar boas condicións sanitarias. Outros retos que hai que superar son a predación, o canibalismo e a mala calidade da auga.<ref name=culture/> As ras que se crían son grandes, dan potentes saltos e escapan inevitablemente ao medio natural, despois do cal poden causar un caos entre as poboacións de ras nativas.<ref name=eattheinvaders/> Os países que exportan ancas desta ra son principalmente os [[Países Baixos]], [[Bélxica]], [[México]], [[Bangladesh]], [[Xapón]], [[China]], [[Taiwán]] e [[Indonesia]]. A maioría desta ras son capturadas na natureza, pero algunhas son criadas en catividade.<ref name=culture>{{cita web |url=http://aquaculture.ca.uky.edu/publication/bullfrog-culture|title=Bullfrog Culture |author1=Lutz, C. Greg |author2=Avery, Jimmy L. |year=1999 |publisher=Southern Regional Aquaculture Center |accessdate=2013-02-17 }}</ref>