Antoine de Saint-Exupéry: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 32:
O descubrimento da alfaia axudou ás autoridades francesas a iniciar unha procura no sector. Cinco anos despois, no case 60 cabodano da súa desaparición, foron descubertos en augas de [[Marsella]] restos do avión, preto do lugar onde anos atrás fora descuberto a pulseira.
 
As pezas recuperadas foron decapadas, limpadas. Sobre un panel da caixa do turbo-compresor, localizada na viga esquerda do avión, os investigadores descubriron, segundo o seu informe, "unha serie de catro cifras illadas e gravadas manualmente": 2734, seguidas pola letra "L", que significa "left". Trátase, segundo o informe, "do número de fabricación que o construtor de avións Lockheed inscribía nos seus avións ao lanzar a súa fabricación nunha cadea de montaxe". Este número civil correspondía, na táboa de concordancia da [[Forza Aérea dedos Estados Unidos]], á matrícula militar 42-68223, ou sexa a do avión de Saint-Exupéry.
 
Pese ao achado, as razóns polas que o avión de Saint-Exupéry se estrelou son un misterio. Ata o momento non foi posible asegurar se o derribaron ou el perdeu o control do avión, ou mesmo se sufriu un percance mecánico. Entre as causas máis posibles menciónanse fallas mecánicas, problemas de osíxeno a bordo ou un ataque cardíaco do escritor.