Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 52:
A comezos do [[século XX]], o desenvolvemento da industria rusa era cada vez maior, favorecendo o crecemento das cidades e unha crecente efervescencia cultural: a antiga orde social cambaleábase, agravando as dificultades dos máis pobres. As industrias florecían e a crecente [[clase obreira]] aglutinábase principalmente nas cidades, pero a prosperidade do país non representara beneficio algún para a maioría da poboación.
 
A economía no seu conxunto seguía sendo arcaica.<ref>[[Marc Ferro]],''La Révolution de 1917'', Aubier, Paris, 1967, p. 36.</ref> O valor da produción industrial en [[1913]] era dúas veces e media menor que o de [[Terceira República Francesa|Francia]], seis veces menor que o de [[Imperio alemán|Alemaña]] e catorce veces menor que o de [[Estados Unidos]].<ref>[[René Girault]] e Marc Ferro, ''Da Russie à l'URSS. L'histoire de la Russie de 1850 à nos jours'', Nathan, 1989.</ref> A produción agrícola continuaba sendo deficiente e a falta de transportes paralizaba calquera intento de modernización económica.<ref>[[Marc Ferro]],''La Révolution de 1917'', Aubier, Paris, 1967, p. 39.</ref> O [[Produto Interior Bruto|PIB]] [[per cápita]] naquela época era inferior ao de [[Hungría]] ou ao de [[España]] e, aproximadamente, supoñía unha cuarta parte do dedos Estados Unidos.<ref>3.593 [[Dólar estadounidense|dólares]] per cápita en Rusia en 1913 e 13.327 dólares en EE.UU.</ref> Ademais, o país estaba dominado sobre todo por capital estranxeiro, posuíndo este case a metade das accións rusas.<ref>[[Richard Pipes]], La Révolution russe, PUF, 1993, p. 71</ref> O proceso de industrialización foi violento e mal aceptado polos campesiños, que foran bruscamente [[proletariado|proletarizados]]. A clase obreira nacente, aínda que numericamente pequena, concentrábase nas grandes zonas industriais, o que facilitou a crecente conciencia [[revolución|revolucionaria]].<ref>[[Lev Trotski]], «Particularités du développement de la Russie», en ''Histoire de la révolution russe. 1. Février, Paris, Éditions du Seuil, 1950, pp. 39-52.</ref>
 
O [[Imperio Ruso]] seguía sendo un país esencialmente rural (o 85% da poboación vivía en zonas rurais). Aínda que unha parte dos campesiños, os [[kulak|kuláks]], enriqueceuse e constituíu unha especie de clase media rural co apoio do réxime; o número de campesiños sen terra aumentara, creando así un auténtico proletariado rural receptivo a ideas revolucionarias. Ata logo de [[1905]], un deputado da [[Duma#A Duma de Estado durante o Imperio Ruso|Duma]] sinalou que en moitos pobos, a presenza de [[chinche]]s e [[cascuda]]s nos fogares percibíase como signo de riqueza.<ref>[[François-Xavier Coquin]], ''La Révolution russe'', PUF, coll. « Que sais-je?», 1974, p. 14.</ref>