Destrución do hábitat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 38:
As chairas e zonas [[deserto|desérticas]] foron menos degradadas. Só do 10 ao 20% das zonas secas, como pradeiras, sabanas, estepas e bosques secos deciduos sufriron algunha destrución.<ref>Kauffman & Pyke, 2001</ref> Pero incluídos nese 10-20% están aproximadamente 9 millóns de quilómetros cadrados de lugares con estación seca que os humanos converteron en desertos por medio do proceso chamado [[desertificación]].<ref name="Primack" /> Por outra parte, as pradeiras do oeste de Norteamérica perderon o 97% do seu hábitat natural ao seren convertidas en terreos de uso agrario.<ref>White et al., 2000</ref>
 
As [[zona húmida|zonas húmidas]] e áreas mariñas sufriron altos graos de perda de hábitat. Por exemplo, máis do 50% das zonas húmidas dedos Estados Unidos foron destruídas nos últimos 200 anos (séculos XIX e XX ).<ref name="Stein" /> Entre o 60% e o 70% das zonas húmidas europeas foron totalmente destruídos.<ref>Ravenga et al., 2000</ref> Aproximadamente unha quinta parte (o 20%) das rexións mariñas costeiras foron profundamente modificadas polo ser humano.<ref>Burke et al., 2000</ref> Un quinto dos arrecifes de coral foron destruídos e outro quinto está seriamente degradado por [[sobrepesca]], contaminación ou por [[especie invasora|especies invasoras]]. O 90% dos arrecifes de coral das [[Filipinas]] foron destruídos.<ref name="MEA">MEA, 2005</ref> Finalmente, máis do 35% dos [[mangleiral|mangleirais]] do mundo foron destruídos.<ref name="MEA" />
 
== Actividade humana ==