Diferenzas entre revisións de «Guerra hispano-estadounidense»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Desfixéronse as edicións de 85.52.70.117 (conversa); cambiado á última versión feita por Vitoriaogando)
Etiqueta: Reversión
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
|cor =
|}}
A '''guerra hispano-estadounidense''', que en [[España]] é coñecida popularmente como '''guerra de Cuba''' ou tamén como '''o desastre do 98''', denominada por outra banda '''guerra hispano-americana''' e en Estados Unidos ''Spanish-American War'', foi a que se desatou entre España e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en [[1898]], durante a rexencia de [[María Cristina de Habsburgo-Lorena]], viúva do rei [[Afonso XII de España|Afonso XII]], sendo presidente do goberno español [[Práxedes Mateo Sagasta]] e presidente dedos Estados Unidos, [[William McKinley]].
 
Esta guerra desembocou na perda das colonias de ultramar e veu a significar a fin do que fora o poderoso [[Imperio español]]. Os seus principais resultados foron a independencia de Cuba e a perda, por parte de España, do resto das súas colonias en [[América]] e [[Asia]], cedidas a Estados Unidos, que logo se convertería en nova potencia colonial.
A isto engádese o nacemento do sentimento nacional en [[Cuba]] influído polas revolucións [[Revolución francesa|francesa]] e [[Guerra de Independencia dos Estados Unidos|estadounidense]], o nacemento dunha burguesía local e as limitacións políticas e comerciais impostas por [[España]] que non permitía o libre intercambio de produtos, fundamentalmente [[azucre de cana]], cos EUA e outras potencias. A radicalización destes sentimentos provocou que se desatase entre [[1868]] e [[1878]] a [[Guerra dos Dez Anos]] baixo a dirección de [[Carlos Manuel de Céspedes]], facendado do oriente de Cuba. A guerra culminou coa firma da [[Pacto de Zanjón|Paz de Zanjón]], que non sería máis que unha tregua.
 
Aínda que este pacto facía algunhas concesións en materia de autonomía política e a pesar de que en [[1880]] se logrou a abolición da escravitude en Cuba, a situación non contentaba completamente aos cubanos debido ao seu limitado alcance. Por iso os rebeldes volveron a sublevarse en [[1880]] na chamada ''[[Guerra Chiquita|guerra chiquita]]''.
 
En [[1893]] baixo o goberno liberal, o Ministro Maura propuxo un plan de reformas que os deputados autonomistas aprobaron xulgándoo ao mesmo tempo insuficiente. Os proxectos de Maura provocaron con todo á oposición da maioría parlamentaria. Os conservadores atacárono, o que era lóxico, pero na esquerda houbo manifestacións de incomprensión igualmente grandes.