Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Consecuencias demográficas: Ligazóns e lingua
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 31:
Enfrontou inicialmente a [[Francia]], [[Reino Unido]] e mais [[Rusia]] (os [[Aliados da primeira guerra mundial|aliados]]) contra [[Imperio Alemán|Alemaña]] (gobernada por [[Guillerme II de Alemaña]]), [[Imperio Austrohúngaro|Austria-Hungría]], [[Reino de Bulgaria|Bulgaria]] e mais [[Turquía]] (as [[Potencias Centrais]]). O causante da guerra foi o asasinato do [[arquiduque]] de Austria en [[Saraxevo]], pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Italia]] ou o [[Xapón]].
 
Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda dedos Estados Unidos, que entrou polo afundimento do [[RMS Lusitania]] o {{data|7|05|1915}}, e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os [[imperio]]<nowiki/>s de [[Imperio Austrohúngaro|Austria-Hungría]] e [[Imperio Otomán|Turquía]] a partir do [[Tratado de Versalles]] en [[1919]]. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como [[Polonia]]) e outros de varias ([[Iugoslavia]], [[Checoslovaquia]]).
 
Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]], que fixo que Rusia pactase por separado a paz ([[Tratado de Brest-Litovsk]]) coas [[Potencias Centrais|potencias centrais]] e non estivese representada no [[Tratado de Versalles]] ó atoparse en [[guerra civil]].
 
As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da [[Segunda guerra mundial]].