Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 100:
==== 1993 ====
 
O [[8 de xaneiro]] de [[1993]] os serbios asasinaron ao diputadodeputado bosnio [[Hakija Turajlić]] despois de deter o convoi das Nacións Unidas que o trasladaba desde o aeroporto. Os días 15 e 16 de maio, o 96 % dos serbios votou a favor de rexeitar o plan Vance-Owen. Tras o fracaso do plan de paz, que pretendía dividir o país en tres zonas étnicas, xurdiu un conflito armado entre bosnios e croatas sobre o 30 % de Bosnia que ocupaban. O plan de paz foi un dos factores que conduciron á escalada do conflito, ao evitar [[Lord Owen]] o diálogo coas autoridades croatas máis moderadas (pro-Bosnia unificada) e negociar directamente cos elementos máis extremos (que pretendían a separación).<ref>[http://www.kcl.ac.uk/lhcma/cats/yugoslavia/xd20-0.htm Angus Macqueen e Paul Mitchell: A morte de Iugoslavia]</ref>
 
Gran parte do ano 1993 foi dominada pola guerra bosnio-croata que se fixo máis grave en outubro de 1992, cando as forzas croatas bosnias atacaron á poboación civil en [[Prozor]], queimando as súas casas e matando a civís. En xaneiro de 1993 as forzas croatas de Gornji Vakuf atacaron de novo co fin de conectar Bosnia Central con Herzegovina.