Faustino Cela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo. Organizou con [[Evaristo Correa Calderón]], [[Paulino Pardo Neira]] e [[Casiano Díaz Moreno]] a [[Irmandade da Fala]] de Baralla en 1917. Licenciouse en Dereito en 1923.<ref>''El Progreso'', 8-8-1923, p. 2.</ref> Foi cabo do Somatén de [[Neira de Xusá]] (1924),<ref>''Boletín Oficial del Cuerpo de Somatenes Armados de la 8ª Región'', 3-2-1924, p. 11.</ref> e secretario do Concello de Neira de Xusá dende 1925, cesando no posto en 1927 por traslado a Becerreá.<ref>''El Correo de Galicia'', 1-5-1927, p. 7.</ref> Foi un dos asinantes do manifesto anticaciquil dirixido ao distrito de Becerreá en maio de 1930 con [[Mauro Fernández]], [[José de Boado]] e [[Octavio García]].<ref>"Galicia en marcha", ''El Pueblo Gallego'', 13-5-1930, p. 9.</ref> Participou no mitin agrario de Becerreá do 28 de marzo de 1931.<ref>''El Pueblo Gallego'', 2-4-1931, p. 7.</ref> Na República militou na [[ORGA]],<ref>''El Pueblo Gallego'', 13-3-1932, p. 7.</ref> foi elixido vogal do Comité provincial do Partido Republicano Gallego polo partido de Becerreá en maio de 1932,<ref>''Las Riberas del Eo'', 14-5-1932, p. 10.</ref> e despois foi directivo de [[Izquierda Republicana]] en Neira de Xusá. Foi secretario interino do Concello de Neira de Xusá. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] fuxiu. Foi xulgado en Lugo por rebelión e declarado en rebeldía. Despois de estar fuxido e exiliado, volveu en [[1949]]. Retomouse o proceso polo delito de auxilio á rebelión e foi sobresido. Colaborou coa guerrilla antifranquista. Volveu exercer como avogado a partir dos anos cincoenta.
 
== Vida persoal ==
 
Casou en [[Lugo]] con Rosalía Iglesias Rodríguez, filla de Manuel Iglesias Chaos, en xaneiro de 1930,<ref>''El Progreso'', 11-1-1930, p. 3.</ref> e foi pai de Manuel Cela Iglesias.
 
== Notas ==
 
{{Listaref|02}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://dspace.usc.es/bitstream/10347/5098/1/REP_210_12.pdf Construción e destrución da cidadanía societaria: Dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950)]
* {{Nomes Voces|2649}}
 
* {{Nomes Voces|2649}}
* [http://www.lugo.es/cs/represion/ficha.jsp?id=1756&tipo=2&letra=C&pagina=24 Ficha en represión franquista en Lugo]