Sociedade Deportiva Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 89:
 
=== O afundimento: I Parte ===
Tras o descenso e a marcha da inmensa maioría dos xogadores que non perceberan as súas débedas, a formación compostelá afrontou a tempada con moi poucos efectivos e finalmente, tras unha pésima campaña na que os problemas económicos non desapareceron, a SD Compostela rematou a [[Segunda división B española 2003/2004|tempada 2003/2004]] en penúltima posición do Grupo II de [[Segunda B]] consumando o seu descenso á [[Terceira División española|Terceira división]]. Mais o impagamento das débedas contraídas con xogadores e empresas, estimadas en máis de mil millóns de [[peseta]]s, provocou ademais un novo descenso administrativo, desta vez á [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica galega]], categoría á que o ''Compos'' volvía case trinta anos despois. Así as cousas, e co club ao bordo da desaparición,<ref>[https://www.libertaddigital.com/deportes/el-compostela-al-borde-de-la-desaparicion-al-reconocer-los-accionistas-que-no-pueden-pagar-la-deuda-1276219971/ "El Compostela, al borde de la desaparición al reconocer los accionistas que no pueden pagar la deuda"] ''Libertad Digital'', 12 de abril de 2004 {{es}}.</ref> nese mesmo ano 2004 o consello de administración aprobou iniciar o proceso de liquidación da entidade, pese á oposición dalgúns socios e do ex-presidenteexpresidente, [[José María Caneda]]. No verán de 2006 vendéronse mediante poxa todos os bens do equipo, incluídos os trofeos do club, a marca ''SD Compostela'', os accesorios de lavandería, os coches do club, o material de oficina ou os sistemas de calefacción.<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idEdicion=168&idNoticia=50608. Se puso en marcha la subasta de los bienes del Compostela] (El Correo Gallego, 01.06.2006)</ref> Nesa poxa o ex-presidenteexpresidente José Albarrán pagou 61.260 euros por todos os trofeos logrados polo equipo nos seus máis de 40 anos de historia para que estes non se perderan.<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idEdicion=202&idNoticia=61618 El ex presidente José Albarrán pagará 61.260 euros por los trofeos de la SD] (Galicia Hoxe, 4.7.2006)</ref><ref>[http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2006/07/08/0003_4928951.htm «Vendrán tiempos mejores para el Compostela»]. ''La Voz de Galicia''. 8 de xullo de 2006. {{es}}</ref>
 
=== O rexurdimento: I Parte ===
Ao mesmo tempo que se iniciaba o proceso de liquidación da [[sociedade anónima]] SD Compostela, creouse en 2004 en Santiago de Compostela outro club (''SD Campus Stellae'') que herdou a xestión e explotación dos dereitos deportivos do club compostelán baixo a fórmula de cesión ao mesmo tempo que asumiu a xestión dos equipos deportivos da sociedade anónima en liquidación. O ex-presidenteexpresidente [[José María Caneda]] adquiriu na poxa pública o nome ''SD Compostela'', e posteriormente pasou a ocupar a presidencia da ''SD Campus Stellae''. Esta operación permitiu ''refundar'' o equipo, xa que xuridicamente se trataba doutro club (''SD Campus Stellae'') que carecía de débedas e que xestionaba os equipos deportivos da entidade que estaba a ser liquidada, utilizando a marca deportiva ''SD Compostela''.<ref>{{Cita web|título=Caneda compró en una subasta la marca del club|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2011/01/30/caneda-compro-subasta-marca-club/0003_201101G30P60992.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2011-01-30|data-acceso=2020-04-18|lingua=es}}</ref> Isto permitiulle competir en categorías nacionais con este nome, pese á oposición dos administradores concursais do equipo.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/09/07/5087807.shtml Los administradores desautorizan a Caneda ] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20130701034721/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/09/07/5087807.shtml |date=01/07/2013 }} (La Voz de Galicia, 07.09.2006)</ref>
 
Tras catro tempadas en [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]], desde 2004 a 2008, finalmente o club conseguiu o ascenso á [[Terceira División española|Terceira división]] na [[Preferente Autonómica de Galicia 2007/2008|tempada 2007/2008]], e iniciou a [[Terceira División española 2008/2009|tempada 2008/2009]] co obxectivo de ascender á [[Segunda División B española|Segunda B]], conseguíndoo ao final da campaña tras proclamarse campión e imporse na promoción de ascenso ao Atlético Monzón aragonés (3-0 e 2-1).<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=561&int1=301961&idGaleria=1983 "El Compostela regresa a tercera"], ''[[El Correo Gallego]]''.</ref>
Liña 104:
En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de [[Lestedo, Boqueixón|Lestedo]] que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a [[José María Caneda|Caneda]] coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.<ref>{{Cita web|título=Es definitivo|url=https://sd-compostela.blogspot.com/2011/02/es-definitivo.html|páxina-web=WEB NO OFICIAL DE LA SD COMPOSTELA|data-acceso=2020-04-18}}</ref> Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,<ref>[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevo/futuro/Compostela/elpepiautgal/20110314elpgal_12/Tes El nuevo futuro del Compostela] {{es}}</ref> extremo confirmado pola [[Federación Galega de Fútbol|FGF]] o 22 de xullo de 2011.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm S. D. Compostela vuelve a ser nombre oficial] {{es}}</ref> Desde entón a entidade volveu denominarse ''SD Compostela'' e tivo entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a [[Preferente Autonómica de Galicia 2010/11|2010/2011]], o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso.
 
Na seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da [[Preferente Autonómica de Galicia 2011/12]] e ascendeu á [[Terceira División española|Terceira división]] da man do adestrador [[Anxo Casalderrey]], xusto no ano do seu 50 aniversario. Tamén ese mesmo ano foi inaugurada a sala cos trofeos da historia do club, chamada José Albarrán en homenaxe ao ex-presidenteexpresidente que os salvagardou mercándoos seis anos antes.<ref>[http://www.sdcompostela.com/el-compostela-inauguro-la-sala-de-trofeos-que-honra-la-figura-de-j-albarran/ El Compostela inauguró la sala de trofeos que honra la figura de J.Albarrán]. Web oficial da S.D. Compostela. {{es}}</ref><ref>[http://www.crtvg.es/informativos/o-compos-estrea-a-sala-de-trofeos-jose-albarran-332711 O Compos estrea a sala de trofeos José Albarrán] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160318202055/http://www.crtvg.es/informativos/o-compos-estrea-a-sala-de-trofeos-jose-albarran-332711 |date=18 de marzo de 2016 }}. ''Televisión de Galicia''. 24 de maio de 2012.</ref><ref>[http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2012/05/24/00031337859380506365673.htm Los 400 trofeos del Compos ya se guardan en San Lázaro, en la inaugurada sala José Albarrán] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160320082321/http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2012/05/24/00031337859380506365673.htm |date=20 de marzo de 2016 }}. ''La Voz de Galicia''. 24 de maio de 2012. {{es}}</ref> Tan só un ano máis tarde, e xa con [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi Álvarez]] como adestrador, rematou a [[Terceira división española 2012/13|fase regular da Terceira]] ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a [[Segunda División B española|Segunda B]]. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á [[Segunda División B española|categoría de bronce do fútbol español]] ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1).
 
No seu regreso á [[Segunda División B española|Segunda B]], o equipo dirixido por [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi]] rematou a [[Segunda división B española 2013/14|tempada 2013/14]] en décimo terceira posición, logrando así a permanencia.