Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 553:
== Economía ==
{{Artigo principal|Economía de Galicia}}
[[Ficheiro:HKShatinZara 20061220.jpg|miniatura|esquerda|Tenda [[Zara|ZARA]] en [[Hong Kong]]. ZARA, do grupo [[INDITEX]], é o primeiro grupo europeo e segundo mundial de confección e roupa. Ten a súa sede central en [[Arteixo]], [[provincia da Coruña|A Coruña]].]]
 
Galicia é unha terra de contrastes económicos. Mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da [[pesca]], é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das provincias de Ourense e Lugo basea a maior parte da súa economía na [[Agricultura de Galicia|agricultura tradicional]], asentada no [[minifundio]], ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras. O crecemento do turismo, aproveitamento forestal sostible e agricultura orgánica e natural, así como explotacións gandeiras de certo tamaño están aumentando as posibilidades da economía galega.
Liña 805:
Polo que respecta aos deportes de masas, existen equipos importantes de [[fútbol]] masculino, coma o [[Celta de Vigo]] e o [[Deportivo da Coruña]], actualmente os únicos representantes do país na [[Primeira División española|Primeira división]], e [[Club Deportivo Lugo]] na [[Segunda División española|Segunda división]]. O equipo coruñés gañou 1 liga, 2 [[Copa do Rei de fútbol|copas do Rei]] e 3 [[Supercopa de España de Fútbol|Supercopas]]; e contou nas súas filas co único futbolista español galardoado co balón de ouro, [[Luis Suárez Miramontes|Luis Suárez]]. Mentres que os vigueses son o club galego con máis tempadas na máxima categoría. Os equipos galegos da [[Segunda División B española|Segunda B]] son o [[Coruxo Fútbol Club|Coruxo FC]], o [[Centro Cultural e Deportivo Cerceda|CCD Cerceda]] e os históricos [[Pontevedra CF]] e [[Racing de Ferrol]]. Outro histórico que chegou a xogar en Primeira é a [[SD Compostela]]. A nivel individual saíu da canteira galega o único [[Balón de Ouro]] do [[España|Estado Español]], [[Luis Suárez Miramontes|Luis Suárez]]. Galicia acolleu varios partidos do [[Mundial de Fútbol España 1982|Mundial de Fútbol de 1982]] nos estadios de [[Estadio de Riazor|Riazor]] e [[Estadio de Balaídos|Balaídos]].
 
En [[baloncesto]] destacan equipos como o [[Xacobeo Blu:Sens|CAB Obradoiro]], único representante galego na [[Liga ACB]], ou o [[CB Breogán]], o [[Club Ourense Baloncesto]] e o [[Club Básquet Coruña|Básquet Coruña]], na segunda categoría do baloncesto español, a [[Liga LEB]], así como o desaparecido [[OAR Ferrol]], un dos fundadores da [[Asociación de Clubs de Baloncesto]] (ACB). A nivel individual destacan nomes como [[Fernando Romay]] (medallista nos [[Xogos Olímpicos de 1984]] e ex- xogador, entre outros, do [[Real Madrid Baloncesto|Real Madrid]], club co que gañou numerosos títulos a nivel estatal e internacional), ou [[Fran Vázquez]], seleccionado polos [[Orlando Magic]] da [[NBA]] no posto 11 da primeira rolda do ''[[Draft da NBA|draft]]'' de [[2005]], amais de ser o máximo taponador histórico da [[Euroliga]].<ref>{{Cita web |url=http://www.euroleague.net/main/statistics?mode=Leaders&entity=Players&seasonmode=All&cat=BlocksFavour&agg=Accumulated |título=Statistics |editor=Euroleague.net |dataacceso=30 de decembro de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
 
En [[balonmán]] destacan a [[SD Teucro]] e [[BM Cangas do Morrazo|BM Cangas]] na máxima categoría do balonmán español, a [[Liga ASOBAL]], e o [[Octavio Pilotes Posada]] na [[División de Honra Prata de balonmán|segunda categoría]]; en [[hóckey a patíns]] destacan o [[H.C. Liceo]] (o equipo máis laureado de Galicia), e o desaparecido [[CP Cerceda]], así como o [[A.A. Dominicos]] (único equipo galego xunto co Liceo en gañar un título estatal e que actualmente compite na [[Primeira División estatal de hóckey a patíns|Primeira División]]); e os equipos de [[fútbol sala]], [[Santiago Futsal]] e [[O'Parrulo FS|O'Parrulo Ferrol]], na [[Primeira División da LNFS|Primeira División]], e o [[Prone Lugo Asociacion Deportiva|Prone Lugo]], [[Club Deportivo Burela Fútbol Sala|Burela FS]] e Noia, na [[Segunda división española de fútbol sala|Segunda División]].