Signario de Espanca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 3:
O '''signario de Espanca''' ([[Castro Verde]], [[Baixo Alentexo]], [[Portugal]]) é o único signario enteiro conservado dunha [[escrituras paleohispánicas|escritura paleohispánica]]. Está realizado sobre unha pequena placa de [[xisto]] (48 x 28 x 2 cm.) que apareceu fóra de contexto e polo tanto non dispón de datación [[arqueoloxía|arqueolóxica]]. É un signario dobre que consta de 27 signos e que probabelmente corresponde a un exercicio de aprendizaxe, xa que consta de dúas liñas, a primeira está trazada con maior seguridade e seguramente corresponde ao exemplo trazado polo mestre, mentres que a segunda, trazada con maior inseguridade, parece corresponder ao alumno.
 
Non coincide exactamente con ningunha das escrituras coñecidas a través de inscricións, aínda que pertence claramente ao grupo meridional e apareceu na zona nuclear da [[escritura tartésicatartesa]] ou do suroeste. Cabe destacar que os 13 primeiros signos conservan a orde relativa correspondente ao [[alfabeto fenicio]]. Sobre a súa orixe non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe esta directa e unicamente vinculado ao [[alfabeto fenicio]], mentres que para outros na a súa creación tamén influiría o [[alfabeto grego]].
 
==Véxase tamén==