Célula nai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
As '''células nai''' ou células troncais (''stem cells'') son células capaces de se autorrenovaren por case infinitas divisións mitóticas, ou ben de continuaren a vía de [[diferenciación celular]] ata produciren células especializadas. A maioría de tecidos dun individuo adulto posúe unha poboación específica propia de células [[nai]] que permiten a súa renovación periódica ou a súa rexeneración cando se produce algún dano tisular. Algunhas células nai adultas son capaces de diferenciarse en máis dun tipo celular, como as células nai mesenquimáticas e as [[célula nai hematopoética|células nai hematopoéticas]], mentres que outras se cre que son precursoras directas das células do tecido no que se atopan, como as células nai da [[pel]] ou as células nai [[gónada|gonadais]].
 
As [[célula nai embrionaria|células nai embrionarias]] son aquelas que se atopan no [[embrión]] de ata 4-5 días de idade e que teñen a capacidade de formar todos os tipos celulares dun organismo adulto. Unha característica fundamental das células nai embrionarias é que poden manterse (no corpo ou nunha placa de cultivo) de forma indefinida. O feito de que unha soa célula nai sexa capaz de formar case calquera tipo de célula abre o emprego destas células como forma de experimentación para curar [[enfermidade]]s ou rexenerar tecidos danados, como ocorre na rama da ciencia denominada [[enxeñaría de tecidos]].
 
== Potencialidades ==