Río Indo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
m Arranxiño
Liña 18:
O '''río Indo''' (en [[Lingua sindhi|sindhi]] सिन्‍धु नदी, ''Sindhu nadi'', coñecido como ''Sindhu'' en [[Lingua sánscrita|sánscrito]]; [[Lingua grega antiga|grego antigo]], ''Sinthos'', [[Lingua_latina|latín]] ''Sintus'') é un dos [[río]]s máis longos da [[Asia Meridional|Asia meridional]] que discorre polo [[subcontinente indio]] así como un dos máis longos do continente asiatico, é o máis importante de [[Paquistán]] e un dos principais da [[India]] (e que tamén percorre no seu curso alto a [[República Popular da China|China]]). Orixinario da [[meseta tibetana]] do oeste da China, na [[Rexión Autónoma do Tíbet]], o río discorre a través do distrito de [[Ladakh]] de [[Jammu e Cachemira]] e logo entra en Paquistán a través dos [[Gilgit-Baltistán|Territorios do Norte]] ([[Gilgit-Baltistán]]); segue despois desde o norte do país en dirección sur cruzando ao longo todo Paquistán, ata desembocar no [[mar Arábigo]], preto da cidade portuaria de [[Karachi]] en [[Sind]].
 
A lonxitude total do río é de 3.180 km, sendo o río máis longo de Paquistán. Drena unha gran [[conca fluvial|conca]] de máis de 1.165.000 km² e ten un caudal anual estimado nuns 207 km³, o que o converten no 21º máis caudaloso do mundo. Nace nos [[glaciar]]es máis altos do mundo, o río alimenta un ecosistema de [[bosque]]s temperados, chairas e paisaxes áridos. Xunto cos ríos [[río Jhelum|Jhelum]], [[río Chenab|Chenab]], [[río Ravi|Ravi]], [[río Sutlej|Sutlej]], [[río Beas|Beas]] e dous afluentes desde a [[Khyber Pakhtunkhwa]] e [[Afganistán]], o Indo forma o delta do Indo de Paquistán, mencionado no ''[[Rigveda]]'' (o texto máis antigo da India, de mediados do [[II milenio a. C.]]) como ''[[Sete ríos sagrados|Sapta Sindhu]]'' e no texto iranio ''[[Avesta|Zend Avesta]]'' como [[Hapta Hindu]] (significando ambos términostermos, "sete ríos).
 
O río Indo proporciona os [[recursos hídricos]] clave para a [[economía de Paquistán]] -especialmente o ''celeiro'' da [[Punjab, Paquistán|provincia de Punjab]], que representa a maior parte da produción agrícola da nación, e de Sindh. O Indo tamén soporta moitas industrias pesadas e constitúe o principal fornezo de auga potable en Paquistán. Os ''cinco ríos'' que dan nome ao Punjab son o [[río Jhelum|Jhelum]], [[río Chenab|Chenab]], o [[río Ravi|Ravi]], o [[río Beas|Beas]] e o [[río Sutlej|Sutlej]].