Enduro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1:
[[Ficheiro:Fabio_Mossini_-_2008_WEC_GP_of_Italy.jpg|250px|thumb|Piloto de enduro nunha proba cronometrada.]]
O '''enduro''' (do [[Lingua inglesa|inglés]] ''endurance'', "resistencia") é unha disciplina deportiva [[Motociclismo|motociclista]] principalmente de fóra de asfalto, aínda que tamén pode discorrer en parte por estradas, rúas ou circuítos asfaltados. Unha competición de enduro inclúe varias probas complementarias que computan para o resultado global, como a «crono» ou tramo cronometrado ou a proba de aceleración sobre asfalto, pero a proba principal é a de regularidade contra o reloxo, que consiste en percorrer un itinerario longo por todo tipo de terreos nun tempo predefinido, con controis estritos de etapa nos que hai que selar a tarxeta de paso no minuto indicado, e onde o piloto recibe unha penalización se chega tarde ou antes de hora.
 
O enduro practícase nos cinco continentes, e é moi popular en [[Cataluña]], [[Italia]], [[Alemaña]], [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Centroeuropa]] e [[Escandinavia]] principalmente, aínda que tamén en [[Estados Unidos]], [[Australia]] ou [[Xapón]].