Diferenzas entre revisións de «Osíxeno»

m
Arranxiños
(Recuperando 7 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1)
m (Arranxiños)
|isótopo3_neutróns= 10
}}
O '''osíxeno''' ou '''oxíxeno''' (pronunciado /oks/<ref>{{DRAG|osíxeno}}</ref><ref>{{DRAG|oxíxeno}}</ref>), é un [[Táboa periódica dos elementos|elemento químico]] de [[número atómico]] 8 e símbolo '''O'''. Forma parte do grupo dos [[calcóxeno]]s e é un [[non metal]] [[reacción química|reactivo]] e forte [[Oxidorredución |axente oxidante]] que forma [[composto químico|compostos]] facilmente coa maioría doutros elementos, principalmente en forma de [[óxido]]s. Ten a segunda [[electronegatividade]] máis alta de todos os elementos químicos, só superado polo [[flúor]].<ref>{{cita web |título=WebElements: the periodic table on the web – Oxygen: electronegativities |url=http://www.webelements.com/oxygen/electronegativity.html |páxina-web=WebElements|data-acceso=7 de novembro de 2011}}</ref> Medido pola súa [[masa]], o osíxeno é o terceiro elemento máis abundante do [[universo]], tras o [[hidróxeno]] e o [[helio]],<ref name="NBB297">{{Harvnb|Emsley|2001|p=297}}</ref> e o máis abundante na [[codia terrestre]] como parte de compostos óxidos, formando practicamente a metade da súa masa.<ref name="lanl"/> En [[condicións normais de presión e temperatura]], dous [[átomo]]s do elemento enlázanse para formar o [[osíxeno molecular|diosíxeno]], un [[gas]] [[molécula diatómica|diatómico]] incoloro, inodoro (sen olor) e insípido con fórmula {{nowrap|{{chem|O|2}}}}. Esta substancia constitúe o 20,8% da [[atmosfera]] e resulta vital e necesaria para soster a [[vida]] [[Terra|terrestre]].<ref name="ECE500">{{Harvnb|Cook|Lauer|1968|p=500}}</ref> Non obstante, varios estudos dos niveis de osíxeno atmosférico indican unha progresión global descendente da proporción deste elemento, principalmente a causa das emisións procedentes da queima de [[combustible fósil|combustibles fósiles]].<ref>{{cita web|url=http://scrippso2.ucsd.edu/|título=Atmospheric Oxygen Research|editorial=Scripps Institute|data-acceso=20 de abril de 2016}}</ref>
 
É un gas [[cor|incoloro]], [[inodoro]] e [[sabor|insípido]]. Unha gran parte das clases maiores de moléculas [[química orgánica|orgánicas]] dos organismos vivos conteñen osíxeno, como as [[proteína]]s, [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]], [[carbohidrato]]s e [[graxa]]s, así como nos constituíntes maioritarios [[química inorgánica|inorgánicos]] de cascas animais, [[dente]]s e [[óso]]s. A maior parte da masa dos organismos vivos ten o osíxeno, un dos compoñentes da [[auga]], como o principal constituínte das formas de vida. Participa de forma moi importante no ciclo enerxético dos [[ser vivo|seres vivos]], esencial na [[respiración celular]] dos [[Organismo aerobio|organismos aerobios]].
 
Debido á súa reactividade química, o osíxeno non pode permanecer na [[atmosfera terrestre]] como elemento libre sen ser reabastecido constantemente pola [[fotosíntese|acción fotosintética]] dos organismos que utilizan a enerxía solar para producir osíxeno. O osíxeno elemental O<sub>2</sub> soamente empezou a acumularse na atmosfera logo da aparición destes organismos, aproximadamente fai 2500 millóns de anos.<ref>{{cita publicación periódica|título=NASA Research Indicates Oxygen on Earth 2.5 Billion Years ago|url=http://www.nasa.gov/home/hqnews/2007/sep/HQ_07215_Timeline_of_Oxygen_on_Earth.html|editor=[[NASA]]|data=27 de setembro de 2007|dataacceso=22 de xullo de 2012|lingua=inglés}}</ref> O [[alótropos do osíxeno|alótropo]] [[ozono]] ({{chem|O|3}}) é un forte absorbente de [[radiación ultravioleta]], e a [[Ozonosfera|capa de ozono]] a grande altitude da [[Terra]] axuda a protexer a biosfera desta radiación. Porén, o ozono é un axente contaminante preto da superficie terrestre, dándose como produto derivado do ''[[smog]]''. A altitudes de [[órbita baixa terrestre]], o osíxeno atómico presente causa a [[corrosión]] das [[nave espacial|naves espaciais]].<ref>{{cita web|data-acceso=8 de agosto de 2009|url=http://www.spenvis.oma.be/spenvis/help/background/atmosphere/erosion.html|título=Atomic oxygen erosion|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20070613121048/http://www.spenvis.oma.be/spenvis/help/background/atmosphere/erosion.html|data-arquivo=13 de xuño de 2007|urlmorta=si}}</ref>
104.878

edicións