Jacinto Caldera Manzano: Diferenzas entre revisións

mestre e xornalista español
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Biografía}} '''Leoncio Jacinto Caldera Manzano''', nado na provincia de Salamanca, foi un mestre e político galego. == Traxectoria == Estudou Maxisterio na Escola Normal..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2020 ás 15:28

Leoncio Jacinto Caldera Manzano, nado na provincia de Salamanca, foi un mestre e político galego.

Jacinto Caldera Manzano
Nacemento12 de setembro de 1898
Lugar de nacementoProvincia de Cáceres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Salamanca.[1] Colaborou en El Adelanto de Salamanca.[2][3] Foi mestre en Gata (Cáceres) en 1926. En agosto de 1927 foi destinado a Vilar (Millarada).[4] Fundou en Forcarei a revista literaria Alborear con Virxilio Blanco, da que foi director-administrador. Foi presidente da sociedade agraria de Millarada. membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo, foi nomeado delegado da FETE en Forcarei en marzo de 1934.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado entre outras causas porque tralas elecións de febreiro de 1936 criticou a un cura. Depurado, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo durante dous meses e traslado de escola dentro da provincia, en febreiro de 1938.[6] Como consecuencia foi trasladado á escola de Escuadro en marzo.[7]

Notas

  1. El Salmantino, 3-6-1914, p. 2.
  2. El Adelanto, 29-1-1926, p. 1.
  3. El Adelanto, 9-4-1926, p. 1.
  4. El Noticiero Gallego, 4-8-1927, p. 2.
  5. El Noticiero Gallego, 18-3-1934, p. 3.
  6. El Noticiero Gallego, 4-2-1938, p. 3.
  7. El Pueblo Gallego, 3-3-1938, p. 6.

Véxase tamén

Ligazóns externas