Virxilio Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig ext
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 6:
En 1912 emigrou a [[Cuba]] e dende 1914 residiu na Habana. Alí compaxinou o traballo cos estudos de pintura na Academia e no Centro Galego, onde coñeceu a [[Laxeiro]]. En 1923 espuxo no Centro Gallego, que lleconcedeu unha bolsa de tres anos para estudar na Academia de San Fernando de [[Madrid]], onde ingresou en 1924. En Madrid entrou en contacto con outros artistas galegos e participou na Exposición de Arte galego do Ateneo de [[Vigo]] de 1924 e na de [[Santiago de Compostela]] de 1926. Finalizados os estudos de Belas Artes o Centro Galego da Habana concedeulle unha nova bolsa para viaxar a [[París]]. Participou na mostra de arte galego do Heraldo de Madrid en 1928 e na exposición de arte galego dos centros galegos de Buenos Aires e Montevideo en 1929. Nese ano regresou de París e espuxo nas salas viguesas de Las Colonias e do Ateneo.
 
Alternou estancias en Vigo e [[Pontevedra]], nas que participou nos faladoiros do Derby e o Savoy, con visitas a Santiago de Compostela. Relacionouse con [[Manuel Colmeiro Guimarás|Manuel Colmeiro]] e [[Arturo Souto]], espuxo na sala das Oficinas de Turismo de Pontevedra en 1930. Ao ano seguinte disfrutou dunha bolsa para estudos de pintura da [[Deputación de Pontevedra]] e fundou en Forcarei a revista literaria ''[[Alborear]]'', da que foi director artístico. En 1932 volveu espoñer en Vigo e recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra para ir a Madrid, onde perfeccionou o seu estilo seguindo a vangarda figurativa. Regresou a Galicia en 1934 e espuxo no Ateneo de Vigo, onde volveu espoñer ao ano seguinte na Sociedad Liceo. En 1935 tamén espuxo na Asociación de ArtistasdaArtistas da Coruña e participou no Salón de Primavera de Pontevedra. Instalouse en Vigo, onde espuxo no Faro de Vigo en 1939, e compartiu unha mostra co debuxante [[Ramón Peña]] en Pontevedra en 1941. En 1944 a Deputación de Pontevedra concedeulle unha bolsa de viaxe, pero debido á enfermidade que padecía, non puido desprazarse. Continuou pintando e en 1945 espuso no Casino de Vigo e en 1947 participuu nunha exposición en Santiago de Compostela con Laxeiro. En 1948, o ano da súa morte, volveu espoñer en Compostela.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
 
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Virxilio Blanco. Análise da súa vida e obra artística. Pedagoxía da emigración|nome= José |apelidos= Raposeiras Correa |ligazónautor= José Raposeiras Correa|ano= 2003|editorial= Autor-editor|lugar= Pontevedra|isbn= 84-607-7071-0|páxinas= 39-40|dataacceso= |url=}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://www.tabeirosmontes.com/virxilio-blanco.html Virxilio Blanco Garrido]
 
* {{Colección Afundación|blanco_garrido_virxilio}}
* [http://dbe.rah.es/biografias/32518/virgilio-blanco-garrido Biografía na Real Academia de la Historia] {{es}}
 
* [http://dbe.rah.es/biografias/32518/virgilio-blanco-garrido Biografía na Real Academia de la Historia] {{es}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Blanco Garrido, Virxilio}}
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]]