Softcombat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Inserción do logo da FES
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Logo_FES.jpg" que foi borrado en Commons por Regasterios. Motivo: No permission since 22 May 2020
Liña 69:
=== España ===
En España, o Larp comeza a mediados finais dos 80, pero o uso de armas acolchadas comeza a empregarse a principios dos 90 en eventos da [[:es:Sociedad_Tolkien_Espanola|Sociedad Tolkien Española]]. Durante esta década exténdese ós primeiros eventos de rol en vivo que comezan a organizarse na península, e é a comezos dos 2000 cando o softcombat se afianza como forma de resolver os combates no rol en vivo. O desenvolvemento do softcombat no [[:es:Rol_en_vivo|Rol en vivo]] español seguiu diferentes correntes, indo dende regulamentos moi amplios e detallados ata outros sen regras nos que os contendentes deciden o vencedor e o vencido de mutuo acordo.
 
[[Ficheiro:Logo FES.jpg|miniatura|224x224px|Logo da Federación Española de Softcombat - Concilio de Herreros]]
En 2006 a Asociación Cultural Forjadores (Bizkaia) organiza o primeiro torneo de softcombat puramente deportivo. Neste torneo disputáronse 3 categorías: Arma a unha man, Arma a unha man e escudo e Dúas armas a unha man. Sendo os vencedores Iñigo Rekalde na primeira, e Iker Alejo nas outras dúas categorías.
 
[[Archivo:Logo_FES.jpg|ligazón=https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Logo_FES.jpg|miniatura|204x204px|Logotipo de la Federación Española de Softcombat]]
Ó ano seguinte publícase o primeiro regulamento deportivo, da man de Joseba Iparraguirre. Este encontro convírtese en anual e dispútase ata 2017, con carácter nacional. A creación de [http://filodejade.blogspot.com/ Filo de Jade] pon en contacto a aficionados de distintas provincias. En 2009 no evento [http://hijosderothgar.blogspot.com/ Hijos de Rothgar] (Teruel) realízase a primeira reunión adicada a estabelecer uns estándares de seguridade, fabricación de armas e regras de combate, pensando na organización de combates deportivos noutras provincias. Como resultado, fúndase o [http://conciliodeherreros.blogspot.com/ Concilio de Herreros] como foro entre asociacións para promover o softcombat como deporte, xurde o primeir regulamento unificado suscrito por varias asociacións, estabelécense os distintos formatos de competición deportiva e os criterios para realizar un [http://conciliodeherreros.blogspot.com/p/ranking-del-concilio.html ranking nacional] de competidores (actualizado tras cada torneo).